lahaine.org
Nacionales Galiza :: 08/09/2014

Apoio para o preso em greve de fame indefinida no cárcere da Lama

Abordaxe
Emilio Sanchez lleva más de 20 días en huelga de hambre protestando por los malos tratos en la cárcel de Lama, Pontevedra

 

 

 

070914 lama Emilio Sánchez del Peso leva máis de 20 días en greve de fame INDEFINIDA en protesta polos malos tratos e torturas no cárcere de A Lama, Pontevedra.

 

Emilio púxose en greve de fame o 14 de agosto de 2014 en protesta polos malos tratos e torturas que están a recibir os presos no Bunker, o modulo de illamento.

Emilio é un preso común, integrante da Campaña Cárcere= Tortura, ao que lle queda menos de 2 anos e medio para sair en liberdade total despois de máis de 10 anos de presidio, pero a súa vontade loitadora fixo que nunca tivera permisos e que nunca fora progresado a 2º grao.

Sen embargo si que pasou moitas veces polo illamento. A última vez que estivo no bunker foi pouco antes de morrer Gaviotu, fai 2 meses e medio, denunciando aquela vez o que para el era un asasinato.

Farto de ver e padecer a brutalidade do sistema penitenciario e despois de ser sancionado e comprobar as torturas que nises mesmos días lle estaban aplicando a outros presos decidiu esta radical e última forma de protesta.

Os obxectivos desta acción son:

Deixar claro que segue habendo presxs que loitan pese ás dificultades extremas e a represión brutal á que se enfrontan.
Aportar, unha vez máis, un exemplo claro de loita que poda ser aproveitado polxs activistas polos dereitos humanos e a poboación activa en xeral para difundir e visibilizar as condicións lamentables en que se atopa a poboación reclusa.

Aportar o seu gran de área ao debate das novas accións a realizar polxs presxs conscientes, como pequeno empuxe á campaña contra os tratos degradantes, malia saber que esta acción non é a única forma nin a máis idónea.

Visibilizar, ante os medios de información e ante as institucións públicas que deberían velar polos dereitos das personas en internamiento pechado, a realidade de malos tratos e indefensión xurídica e social dentro das prisións.

Con iste acto denuncia:

- As torturas e malos tratos habituais, sobretodo en illamento.
- A connivencia do servizo sanitario ante as torturas e malos tratos así como a pouca humanidade dalgúns traballadores sanitarios.
- A inactividade do Xulgado de Vixiancia Penitenciaria na defensa e garantía dos dereitos das persoas presas.
- A pasividade das institucións públicas ante os atropelos aos dereitos dxs presxs,
- A ineficacia das denuncias de torturas que son constantemente arquivadas.
- A inexistencia de tratamento penitenciario, actividades, ximnasio, traballo, etc, sobretodo en módulos pechados....
- As sancións encubertas (deixarte sen as túas cousas, sair só ó patio, non procurarche medicinas, etc....).
- As coaccións ilegais como a intervención sistemática do correo, incomunicar ó preso coa súa contorna social, as continuas ameazas dos carceleiros con sancións ou a dificultade para obter beneficios penitenciarios.
- O mantemento de grao perpetuo.
- O alongamento de condeas e a cadea perpetua encuberta.
- O elevado número de mortes nos cárceres.
- A represión cara todxs aquelxs que denuncian as inxustizas e vulneracións de dereitos dentro dos cárceres.
- A explotación laboral.
- O silencio mediático, etc. etc....

O tempo apremia, o companheiro xa leva mais de medio mes en greve, está débil e aillado e calquera mostra de solidariedade a ánimo é moi importante. Se se fai calquera acción por favor documentadea e achegadesea a él directamente ou ó seu grupo de apoio a través do enderezo electrónico: gzsolidaria@riseup.net

Anima a toda as persoas que loitan contra a sociedade autoritaria que padecemos e reivindica a súa acción de protesta inserta nas demáis loitas sociais.

Dende o grupo de apoio Galiza Sur Cárcere=Tortura queremos facer un chamamento a que se apoie esta acción de protesta con máis accións, dende a autonomía e as posibilidades de cada quen. Estade atentos as vindeiras convocatorias e ao momento no que lle trasladen a o hospital.

Ademáis hai que facerlle ver á dirección do cárcere de A Lama que non está só, polo que pedimos se envíen o máximo número de cartas coa palabra "ANIMO".

Emilio Sánchez del Peso C.P. A Lama Monte Racelo s/n 36830 A Lama (Pontevedra)

Como el mesmo di:

¡HAI MOITOS RECLUSOS E SOMOS MOI POUCOS PRESXS! ¡ATA A VITORIA!

 

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal