lahaine.org
Nacionales Galiza :: 12/11/2015

Quince meses de cárcere para cada un dos 3 estudantes que protestaron contra Feijóo na USC

Sermos Galiza
15 meses de cárcel para cada uno de los estudiantes que protestaron contra Feijoo en la USC

Quince meses de cárcere para cada un dos tres estudantes que tomaron parte hai un ano nun escrache a Feijóo na Universidade de Compostela. Aarom, Mario e Atanes aceptaron esta petición após un acordo entre os seus avogados e a acusación, que nun principio pedía até 9 anos de prisión para os tres mozos. “Aceptamos o pacto simplemente para evitar entrar en prisión”, relata Aarom Curbeira a Sermos Galiza. “Mais somos inocentes”, insiste. 

Ademáis dos 15 meses de prisión para cada un (9 meses por 'atentado' e 6 por 'desordes públicas'), Aarom e Mario asumen unha multa de 150 euros cada un, mentres que para Atanes o importe da sanción é de 700 euros. Tamén van ter que estar localizábeis durante 6 días (Aarom e Mario), e 7 días para Atanes.

Solidariedade

“Aceptamos porque nesta xustiza vale máis a palabra dun policia que as probas que poidamos achegar nós. Ou sexa, que acusación e defensa non están en igualdade de condicións. E o pacto librábanos de ir ao cárcere”, explica Curbeira, que agradeceu as mostras de apoio e solidariedade de organizacións galegas, vascas e cataláns, alén doutros territorios.

Na entrada dos Xulgados de Fontiñas decorreu unha concentración de solidariedade cos 3 estudantes, mobilización na que estiveron presentes representantes de diversas entidades e organizacións, como Xosé M.
Beiras e Antón Sánchez (Anova) ou Bieito Lobeira, Rubén Cela e Rafa Vilar (BNG).

 

Contactar con La Haine

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal