lahaine.org
Nacionales Galiza :: 03/11/2013

10 días: o tempo que dura o ''silencio cómplice'' da Xunta perante a folga de fame de Velaluz

Sermos Galiza
[Gal/Cast] "Silencio cómplice" de la Xunta ante la huelga de hambre de las mujeres de la asociación Velaluz para reclamar "protección real" contra la violencia machista
Galego "Dez días son os que leva o noso goberno pensando como protexer as mulleres e os nenos namentres seis mulleres se consomen en folga de fame". Así foi como manifestou Gloria Vázquez, presidenta de Velaluz, a súa indignación a respeito do "silencio cómplice" que está a manter a Xunta desde o 15 de outubro, cando 10 mulleres da asociación encetaron unha vixilia para reclamaren "protección real" para as mulleres e as crianzas en situación de violencia machista. Foi a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, quen as visitou o 21 de outubro no local que Velaluz ten a carón da Audiencia provincial da Coruña canda a subdirectora xeral para o Tratamento da violencia de xénero, Belén Liste. Do lugar saíron cun documento en que Velaluz lles facía chegar por escrito as súas reivindicacións principais. Gloria Vázquez resómeas: "protexer as mulleres e menores, suspender de inmediato as visitas do agresor aos fillos; e que após sentenza firme se lle retire a patria postestade". Cumpridos dez días de silencio por parte das dúas representantes do Goberno galego, Velaluz denunciou que ese silencio "asasina, tortura, fire e desprotéxenos". Son catro as mulleres que tiveron que abandonar a folga de fame por problemas de saúde, requirindo atención hospitalaria. A última, esta cuarta feira día 30, caeu polas escaleiras cando se dispuña a ir traballar, pois tras ficar varios días no local da asociación, todas continúan agora sen comer namentres continúan coa súa vida familiar e laboral. Esta quinta feira ás 10h Velaluz manterá unha xuntanza coa Xunta para reclamar, máis unha vez, que se aplique a lei galega contra a violencia de xénero, aprobada en 2007. Castellano
 

Contactar con La Haine

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal