lahaine.org

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eO2Q

convertir a:
Convertir a ePub  ePub        Convertir a pdf  pdf

  tamaño texto

  enviar          imprimir


traductor

16/01/2015 :: Nacionales Galiza

A CIG solidarízase cos cidadáns/ás vascos/as detidos/as por orde da Audiencia Nacional española

x CIG
La CIG, central sindical galega, se solidariza con LAB Sindikatua y los ciudadan@s vasc@s detenidos por orden de la Audiencia Nacional española

A CIG, a través da Excutiva Confederal, vén de solidarizarse cos 16 cidadáns/ás vascos/as detidos/as este luns por orde da Audiencia Nacional española e reclama a súa inmediata posta en liberdade. Dende a central nacionalista galega condenan tamén o asalto á sede do sindicato LAB por parte da Garda Civil e consideran que a operación xudicial ten un claro contido político e supón un novo obstáculo para o proceso de paz entre Euskal Herria e o Estado español. 

A Confederación Intersindical Galega (CIG) amosa a súa solidariedade cos cidadáns/as detidos/as e coas súas familias e denuncia que esta nova operación represiva contra o independentismo vasco vulnera dereitos fundamentais individuais e colectivos, ademais de atentar contra principios básicos que deberan ser inalienábeis nos chamados Estados de dereito.

 Ao mesmo tempo, condenan o asalto perpetrado pola Garda Civil contra a sede do sindicato LAB e os danos causados no interior do inmoble durante o rexistro no que axentes do corpo militar se incautaron dos cartos recaudados na manifestación en defensa dos dereitos das persoas presas celebrada o sábado en Bilbo.

 Dende a central nacionalista entenden que este tipo de actuacións constatan o interese dos sectores máis conservadores do ámbito político e xudicial por dificultar e boicotear o camiño escollido democraticamente pola sociedade vasca para darlle unha solución ao conflito armado e lograr a pacificación e a normalización da vida política e social na súa nación.

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eO2Q

 

Contactar con La Haine

Envíanos tus convocatorias y actividades!

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License    [ Clave pública PGP ] ::

Principal