lahaine.org
Nacionales Galiza :: 22/04/2012

CIG anima á cidadanía da Coruña a participar o domingo 22 de abril na marcha pola apertura da Torre

CIG
El sindicato galego CIGllama a la ciudadania de Corunha a que salga a la calle a pedir la reapertura de la Torre de Hercules y el fin del conflicto laboral

A Unión Comarcal da CIG da Coruña anima a toda a cidadanía a participar o próximo domingo, 22 de abril, na marcha para esixir a reapertura da Torre de Hércules e unha solución ao conflito que se vive neste emblemático monumento. A protesta está convocada polas Asociacións de Veciños/as de Monte Alto, Atochas e Torre de Hércules, e conta co apoio de numerosas organizacións, entre as que se atopa a central nacionalista.

A marcha sairá ás 17:00 horas dende a estatua de Breogán –na explanada de acceso ao monumento Patrimonio da Humanidade-, continuando pola Avenida de Navarra, a rúa da Torre e o Campo da Leña, par rematar na Praza de María, diante da Casa do Concello.

A Torre permanece pechada dende o pasado mes de xaneiro, cando o Concello da Coruña acordou rescindir o contrato coa empresa que se encargaba das tarefas de mantemento, visitas e guiado, alegando supostas irregularidade na concesión. Esta decisión supuxo o despedimento dos 13 traballadores e traballadoras empregados/as no faro romano e o inicio dun prolongado conflito laboral, xa que o Goberno municipal se nega a recoñecer o seu dereito á subrogación.

Ademais, o Concello xustificou o peche da Torre en base ao inicio dunhas obras de mantemento no monumento, que meses despois aínda non deron comezo.

 

Contactar con La Haine

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal