lahaine.org
Nacionales Galiza :: 10/06/2005

Comunicado da FAG ante as eleicons de xunho

La Haine
O 19 de xunho, coma sempre, abstencom activa!! HAI QUE BOTA-L@S... A TOD@S ! !

Numerosas veces @s anarquistas dixe-mos o porqué de non votar, o timo da democrácia representativa, o perigo de delegar a representatividade de un/ha nunhas persoas que viven nun mundo de priviléxio, moi diferente ao mundo no que malvive-mos as clases populares, @s que merece-mos chamar-nos o povo.

Non acredita-mos na democrácia representativa porque somos persoas pensantes, que sabemos melhor que ninguén que é o que nos interesa e o que non. Porque non queremos lexitimar os asasinatos e biocídio das clases dirixentes ( a tecnocrácia económica e os seus títeres, a clase política). Porque acredita-mos en que o voto, polo renuncia-mos á nosa capacidade de decison o outorga-mos un cheque en branco ás/aos poderos@s, infantilíza-nos de por vida, converténdo-nos así en marionetas de capitalistas e politicastros que nos fan víctimas do seu capitalismo salvaxe e delírios de poder. Porque non aceita-mos nen un só erro en nengún governo, xá que só nós, o povo, decidindo entre tod@s, te-mos o direito a equivocar-nos.

Este 19 de Xunho enfrentámo-nos a unhas novas elecciós, desta vez a Parlamento galego. Elecciós que para muita xente tenhen un carácter especial, xá que poden suponher un cámbio en quens detentan o poder da Xunta. O caudilho e fascista declarado Fraga vai xá moi cascado, e os novos aspirantes á poltrona, Anxo Quintana e Touriño, esperan esta ocasión con sede de poder, convencidos das súas posibilidades de suceder ao carcamal. Candidatos, un do BNG, ise partido que se dí da esquerda mais despois reúnese con empresári@s e dá o pésame pola morte do asasino Xoán Pablo II, que recrama máis policía e Garda Civil, e repreme alí á disidencia alí onde governa ( véxa-se o governo PSOE-BNG en Compostela) e o outro do PSG-PSOE, o mesminho partido dos GAL, aquel que legalizou as ETT ( Empresas de Traficantes de Traficantes), o mesmo do "OTAN NON, BASES FóRA", para logo traír a consigna do povo e entrar nesta organización terrorista.

Cómpre rirse na cara dos que andan por ahí co nauseabundo lema do " hai que botalos", ou falando do "cámbio galego". Cámbio? Qué cámbio?? Acabará o posível governo PSOE-BNG co trabalho asalariado, polo cal te-mos que vender-nos a empresári@s para poder sobreviver ( que non viver)? Deixare-mos de ser víctimas das forzas represivas (policía, Garda Civil) aquela/es que desexa-mos un mundo radicalmente diferente a este que hai? Deixaremos de ter que alimentar a centos de subnormais de uniforme mentres meio mundo morre de fame? Rompere-mos coa camicace civilización do petróleo, que ocasiona guerras e contaminación atroz? En que vai cambiar realmente a túa vida?

Non hai cámbio nengún dende as estruturas do sistema. Non hai cámbio nengún sen autoorganización, sen revolución interior ( paso previo á revolución social). Non hai cámbio nengún ( que non sexa que nos den mais ou menos esmolas para ter-nos máis mansinh@s) dende o poder, porque o único cámbio posível e desexável pasa por tirar ese mesmo poder.

Fronte a ise cámbio galego do que tanto se fala, nós proponhe-mos o noso cámbio galego, un cámbio que quere-mos para todo o praneta e polo que nós loitare-mos. O cámbio a unha sociedade onde cada un/ha de nós sexa soberan@ de sí mesm@ , a unha sociedade viva e unida, á vez que descentralizada e con soberanía individual, organizada mediante a libre asociación dos indivíduos e as comunidades, e co seu motor no apoio mútuo. Unha sociedade con un xeito totalmente distinto de relacionarse co medio no que vive, ecolóxica e con unha producción autoxestionária. Unha sociedade libre e autoorganizada.

"Fronte ó hai que botalos" nós proponhe-mos o "hai que bota-los a tod@s", díganse de esquerdas ou de direitas, nacionalistas ou non nacionalistas, pois os compromisos de poder e a sumisión aos poderes económicos ( que son os que de verdade controlan todo o cotarro e nos fan escrav@s) fános a todos moi parecidos, e as diferencias unha vez no poder son moi mínimas, e porque ademais esta-mos segur@s de que O POVO UNIDO FUNCIONA SEN PARTIDOS.

Non hai cámbio nengún sen cuestionarse o sistema e as relaciós co entorno de raíz e dende unha perspectiva antiautoritária. Todo o demáis seran diferentes pólas da mesma árbore. Nada de votar ao menos malo. BOTA-LOS A TOD@S! O 19 de Xunho, coma sempre: ABSTENCIóN ACTIVA ! ! Tódo-los días do ano: LUITA SOCIAL ! !
--------------------------------------

FAG: Federación anarquista Gallega

 

Contactar con La Haine

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal