lahaine.org
Nacionales Galiza :: 20/01/2015

Concentración en Orange pola contratación directa e a readmisión das despedidas en Qualytel

CNT Galiza
La inspección de trabajo que estos contratos suponen fraude de ley

 

 

Na tarde de onte, 15 de Xaneiro, un grupo de compañeiros concentrámonos nunha tas múltiples tendas que Orange ten en Compostela en solidariedade co sindicato da CNT de Salamanca.

Esta concentración enmárcase dentro da Semana de loita convocada contra esta empresa, en protesta polas prácticas de precarización que practican a través de filiais como Arvato-Qualytel e dos despedimentos que realizou na cidade salmantica, moitos deles de afiliadas e afiliados á CNT.

Podedes seguir o conflito da CNT de Salamanca na súa páxina web.

A seguir colamos o texto dos panfletos que repartimos na concentración:

Arvato-Qualytel, empresa que presta servizos de telemarketing e atención ao cliente para Orange, destrúe emprego estable ao cubrir postos de traballo ordinarios con contratos temporais. Así manteñen a un bo puñado de persoas na máis absoluta precariedade.

Somos centos de traballadoras e traballadores as que renovamos contratos cada 10, 15 ou 30 días, coa ameaza  constante de ser despedidos se non chegamos aos obxectivos marcados por Arvato-Qualytel e Orange.

Non gozamos de vacacións, temos menos días de permiso, e por suposto non temos ningún dereito a indemnización por despedimento. E iso aínda que teñamos garantido o despedimento cada dous anos para non pasarnos a contrato indefinido.

A inspección de traballo certificou o evidente, declarando en varias ocasións que estes contratos temporais realízanse “en fraude de lei”.

A CNT denuncia esta estafa manifesta na que se atopan varias das súas afiliadas, e que están á espera de xuízo.

Esiximos a contratación directa e indefinida de todas as persoas con contratos temporais e a readmisión inmediata dos compañeiros despedidos.

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal