lahaine.org

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eJ7Q

convertir a:
Convertir a ePub  ePub        Convertir a pdf  pdf

  tamaño texto

  enviar          imprimir


traductor

05/09/2014 :: Nacionales Galiza

Crónica das palestras antirrepressivas de Vigo

x CNT Galiza
Crónica de lacharlas antireprésivas de Vigo, organizadas por CNT-Galiza

040914 cnt.redimensionadoA pasada fin de semana a CNT de Vigo acolleu as palestras antirrepresivas da man de "Madres contra la represion" e Amadeu Casellas.

 

O pasado día 29 de agosto, no local da CNT, tivemos a oportunidade de escoitar a Elena Ortega e Isabel Pérez, membros da asociación "Madres contra la represión", unha asociación que naceu no barrio de Vallecas para defender a dignidade das fillas e fillos que están a sofrer, coma o caso de Alfonso Fernández (Alfon) que o vindeiro 18 de setembro será xulgado pola súa participación nun piquete informativo na última greve xeral do 14-N, que demostra unha vez máis a verdadeira cara do réxime do estado español, que está a asoballar á clase traballadora en todo tipo de loitas e manifestacións sociais, en especial nestes últimos anos de crise no que, á par que aumentou a mobilización social, medrou tamén a represión e o endurecemento do código penal.

O seguinte día, sábado 30, visitounos o compañeiro anarquista Amadeu Casellas, antigo expropiador de bancos que pasou 22 anos na cadea, presentándonos o seu libro "Un reflejo de la sociedad. Crónica de una experiencia en las cárceles de la democracia" e relatounos a súa vivencia persoal nestes anos e como se endureceu o trato e penas aos/ás presos/as no que levamos de "democracia", a arbitrariedade con que reprime o estado chegando a situacións tan terribles que os/as presos/as so atopan saída no suicidio. Tamén nos comentou o tremendo negocio que fan coa explotación laboral das/os reclusas/os coma El Corte Inglés.

Queremos agradecer a presenza dos/as poñentes e as persoas que se achegaron á CNT viguesa nestes dous actos.

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eJ7Q

 

Contactar con La Haine

Envíanos tus convocatorias y actividades!

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License    [ Clave pública PGP ] ::

Principal