lahaine.org
Nacionales Galiza :: 15/08/2012

[Fotos] Sindicato de Jornalistas da Galiza condena violenta detençom de um fotógrafo

Diario Liberdade
Diferentes meios informárom da violenta atuaçom da polícia espanhola

Reproduzimos o comunicado emitido pola entidade que agrupa os trabalhadores e trabalhadoras da informaçom na Galiza, diante da violência policial sofrida por um membro desse coletivo.

Diferentes meios informárom da violenta atuaçom da polícia espanhola, com quatro elementos agredindo o trabalhador no chao, imobilizando-o e levando-o algemado.

Comunicado do Sindicato de Jornalistas da Galiza

O Sindicato de Xornalistas de Galiza (SXG) denuncia a violencia gratuíta e innecesaria coa que foi detido onte o fotógrafo do Diario de Pontevedra no Aeroporto de Peinador, Vigo. Como se pode comprobar nas imaxes publicadas, axentes da Unidade de Intervención Policial chegaron a pórse sobre sobre R. E. tras botalo ao chan para esposalo e arrestalo.

140812 detido2O SXG descoñece arestora os motivos polos que o informador foi detido durante a recepción aos atletas olímpicos galegos. Agora ben, do que está seguro a central sindical que a situación podería ter sido reconducida doutro xeito máis pacífico, con máis diálogo e menos violencia. Un fotógrafo de prensa non supón ameaza algunha para ninguén que xustifique as bochornosas imaxes de violencia en Peinador.

Pola saúde da democracia, o SXG esixe a Delegación do Goberno en Galiza que aclare inmediata e publicamente os feitos. Máis cando non é a primeira nin a segunda vez que o SXG e outros colectivos da profesión teñen que denunciar o trato que dan os axentes da Unidade de Intervención Policial aos informadores, aos que por lei deben facilitar o acceso á información.

 

Contactar con La Haine

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal