[Gal/Cast] A CIG anuncia mobilizacións contra unha reforma das pensións

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e o representante da central sindical no CES do Estado, Luís Burgos, comparecían esta mañá en rolda de prensa para analizar o alcance da reforma das pensións que pretende aprobar o goberno de Mariano Rajoy antes de que remate o ano e presentar a campaña posta en marcha pola central sindical, que contempla asembleas e manifestacións en todas as comarcas o vindeiro 14 de novembro.
Para a CIG esta reforma provocará unha redución das pensións actuais e futuras e pretende abocar á poboación á subscrición masiva de plans de pensións privados para alimentar o negocio da banca e das aseguradoras.
A chamada “Lei Reguladora do Factor de Sostenibilidade e do Índice de Revalorización do Sistema de Pensións da Seguridade Social” modifica substancialmente o sistema actual de pensións a través de dous artigos que introducen, por unha banda o chamado factor de sostenibilidade, isto é condicionar a contía das pensións á esperanza de vida, e pola outra, un novo índice de revalorización, que supón eliminar o IPC como referencia para a súa actualización.
“Farán falta 42 anos para recuperar o poder adquisitivo que se perderá nestes 6 anos con esta fórmula e iso no mellor dos casos, porque como todas as variábeis dependen das previsións do goberno, e estas son subxectivas, non sabemos”.
Castellano
El secretario general de la CIG, Suso Seixo, y el representante de la central sindical en el CES del EStado, Luis Burgos, comparecían esta mañana en rueda de prensa para analizar el alcance de la reforma de las pensiones que pretende aprobar el gobierno de Mariano Rajoy antes de que finalice el año y presentar la campaña puesta en marcha por la central sindical, que contempla asambleas y manifestaciones en todas las comarcas el próximo 14 de noviembre.
Para la CIG esta reforme provocará una reducción de las pensiones actuales y futuras y pretende abocar a la población a la subscripción masiva de planes de pensiones privados para alimentar el negocio de la banca y de las aseguradoras.
La llamada "Ley Reguladora del Factor de Sostenibilidad y del Índice de Revalorización del Sistema de Pensionens de la Seguridad Social" modifica sustancialmente el sistema actual de pensiones a través de dos artículos que introducem, por un lado el llamado factor de sostenibilidad, esto es condiconar la cuantía de las pensiones a la esperanza de vida, y por otra, un nuevo índice de revalirización, que supone eliminar el IPC como referencia para su actualización.
"Harán falta 42 años para recuperar el poder adquisitivo que se perderá en estos 6 años con esta fórmula y eso en el mejor de los casos, porque como todas las variables dependen de las previsiones del gobierno, y estas son subjetivas, no sabemos".
Horas e lugares das manifestacións
Ás 20:00 horas do pavillón dos Remedios.
Pontevedra: Ás 20:00 horas da Praza da Ferrería
Vilagarcía: 20:00 horas da Casa do Mar
Vigo: Ás 20:00 h da Vía Norte
Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
Lugo: 20:00 h da Ronda da Muralla
Ferrol: 19:30 horas con saída do local do sindicato. Avda. de Esteiro
A Coruña: 20:00h praza de Vigo







