lahaine.org
Nacionales Galiza :: 04/07/2012

[Gal/Cast] CIG alerta sobre "risco de exclusom social de milhares de galegos e galegas"

CIG
CIG alerta sobre el “riesgo de exclusión social de miles de galegos y galegas”

Galego

A CIG considera que os datos do paro do mes de xuño en Galiza, con 269.203 desempregados/as, provocan calafríos e que resulta "bochornoso" que se faga unha lectura triunfalista dun descenso puramente estacional de só o 2,68% con respecto a maio, un total de 7.405 persoas. Máis cando esa diminución é inferior á do mesmo mes de 2011 e con diferenza inferior á dos peores anos da crise, 2009 e 2010. Os datos son máis indignantes cando o incremento do paro, respecto do mesmo mes do ano pasado, é do 15,26% e cando a metade dos desempregados/as con dereito a prestación están cobrando xa subsidios, o que incrementa o risco de exclusión social.

Para o secretario confederal de Emprego, Antonio López Rivera, é especialmente grave que o 92,21% dos contratos asinados no mes de xuño sexan de carácter temporal. "Constata un nivel de eventualidade e, polo tanto, de precariedade laboral terríbel, evidencia o carácter estacional da contratación e demostra o absoluto fracaso das sucesivas reformas laborais".

Sendo isto de especial preocupación para a central sindical, aínda o é máis que de practicamente 270.000 persoas desempregadas, só 159.876 estean percibindo algún tipo de prestación e que destas, a metade estean xa cobrando subsidios.

Ante isto, López Rivera alerta de que coas políticas económicas que se están a adoptar, "abócase a miles de persoas á exclusión social". Por iso, fronte os recortes, demanda a inmediata adopción de medidas que impidan que se chegue a esa situación, desde o incremento do investimento público, para pór en marcha políticas que favorezan realmente a creación de emprego, até a ampliación do período de cobertura por desemprego.

Xunto a isto, o secretario confederal de Emprego alerta da situación na que se atopa a provincia de Pontevedra, onde o número de desempregadas e desempregados xa está en 106.223 persoas, cifra que vincula á situación do sector do automóbil e ao deterioro do sector naval. Por iso, exixe que a Xunta de Galiza actúe como verdadeiro goberno deste país e impida o desmantelamento destes sectores.

Castellano

Contactar con La Haine

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal