lahaine.org
Nacionales Galiza :: 16/11/2013

[Gal/Cast] [Video] Miles expresan a indignación do pobo galego perante a sentenza do Prestige

Sermos Galiza
Nunca Máis volverá a llenar calles y plazas contra una sentencia que deja impunes a los responsables políticos de la mayor tragedia ecológica de los últimos tiempos

Video Gz Videos Galego Quen poida botar a ollada atrás lembrará as multitudinarias manifestacións que encheron as rúas da Galiza naqueles últimos meses de 2002. Após fender en dúas metades o Prestige e dar comezo a maior catástrofe ecolóxica dos últimos tempos unha maré de dignidade percorreu a nosa terra. Daquel tempo semellaba ficar ben pouco após máis dunha década. Porén, esta sexta feira as verbas daquela canción de Luar na lubre fixéronse certas e a letra da peza que rematou por se tornar en himno lembraron ao pobo galego que na súa memoria non hai volta atrás. Milleiros de persoas asolagaron prazas e rúas; vilas e cidades galegas convocadas pola Plataforma Nunca Máis. Desempoaron as vellas bandeiras ennegrecidas polo chapapote e mesmo tiraron dos armarios os buzos brancos que naquel outono de hai dez anos enchían de brancura as praias galegas para amosar á xustiza española e aos gobernos da Xunta e Madrid o seu rexeitamento á "impunidade" da sentenza xudicial pola catástrofe do Prestige pois, "a sentenza non absolve a realidade" afirmou taxativamente Xurxo Souto desde a concentración da Coruña. Nunca Máis volverá encher as rúas de dignidade "Se grande foi hai 11 anos a nosa indignación diante da xestión política moito máis grande é aínda agora a nosa carraxe perante unha sentenza que deixa impunes aos responsábeis políticos do maior delito ecolóxico dos últimos tempos". Así reza o manifesto ao que a Plataforma Nunca Máis deu leitura simultánea nas perto de vinte concentracións convocadas ao longo e ancho do país. Este movemento popular que, lembraron, "é a reacción natural dunha sociedade que se auto-organiza fronte aos gobernos que nos desgobernan" volverá "ás rúas e ás prazas, ao país de Nunca Máis" para condenar, "non por vinganza, senón por xustiza", aos responsábeis da traxedia. Nunca Máis anunciou que volverá a se mobilizar "fart@s de mareas negras, de gobernos que gobernan en negro, de sentenzas onde nunca brilla a brancura da xustiza, de autoridades e institucións que desprezan a nosa intelixencia, a nosa dignidade". Así, aseguran no manifesto publicado, combaterán "os que non aman nen queren unha patria libre" como exemplo "único" de xustiza "no medio de tanta inxustiza". Face o fallo xudicial feito público, desde Nunca Máis denuncian que Galiza "continúa á deriva, sen institucións que a defendan" e exixe "outra xustiza, en chave de país" e non "ao servizo dos poderosos, como nos tempos de Rosalía", continúa o texto. Sen espazo para se remexer entre a multitude que respondeu o chamamento da Plataforma só os berros de "Impunidade, Nunca Máis" racharon co silencio dun pobo "sen máis goberno de seu que a propia sociedade galega", un pobo que enviou unha mensaxe clara á xustiza e ao poder político: "Estamos fartas de mareas negras, non á impunidade". Castellano Quien puede echar una ojeada atrás recordará las multitudinarias manifestaciones que llenaron las calles de Galiza en aquellos últimos meses de 2002. Después de romperse en dos mitades el Prestige y dar comienzo la mayor catástrofe ecológica de los últimos tiempos una marea humana de dignidad recorrió nuestra tierra. De aquel tiempo paracia quedar muy poco tras una década. Sin embargo, este viernes las palabras de aquella canción de Luar na Lubre se hicieron ciertas y la letra de la pieza que finalizó por convertirse en himno recordaron al pueblo galego que en su memoria no hay vuelta atrás. Miles de personas inundaron plazas y calles; pueblos y ciudades galegas convocadas por la Plataforma Nunca Máis. Desempolvaron viejas banderas ennegrecidas por el chapapote e incluso sacaron de los armarios los buzos blancos que en aquel otoño de hace diez años llenaban de blancura las playas galegas para mostrar a la justicia española y a los gobiernos de la Xunta y Madrid su rechazo a la "impunidad" de la sentencia judicial por la catástrofe del Prestige pues, "la sentencia no absuelve la realidad" afirmó taxativamente Xurxo Souto desde la concentración de A Corunha. Nunca Máis volverá a llenar las calles de dignidad "Si grande fue hace 11 años nuestra indignación delante de la gestión política mucho más grande es aún ahora nuestr ira ante la sentencia que deja impunes a los responsables políticos del mayor delito ecológico de los últimos tiempos". Así reza el manifiesto al que la Plataforma Nunca Máis dio lectura simultánea en las cerca de veinte concentraciones convocadazs a lo largo y ancho del país. Este movimiento popular que, recordaron, "es la reacción natural de una sociedad que se auto-organiza frente a los gobiernos que nos desgobiernas" volverá "a las calles y a las plazas, al país de Nunca Máis" para condenar, "no por venganza, sino por justicia", a los responsables de la tragedia. Nunca Máis anunció que volverá a movilizarse "hart@s de mareas negras, de gobiernos que gobiernan en negro, de sentencias donde nunca brilla la blancura de la justicia, de autoridades e instituciones que desprecian nuestra inteligencia, nuestra dignidad". Así, aseguran en el manifiesto publicado, combatirán "los que no aman ni quieren una patria libre" como ejemplo "único" de justicia "en el medio de tanta injusticia". Sobre el fallo judicial hecho público, desde Nunca Máis denuncian que Galiza "continúa a la deriva, sin instituciones que la defiendan" y exige "otra justicia, en clave de país" y no "al servicio de los poderosos, como en los tiempos de Rosalía", continúa el texto. Sin espacio para moverse entre la multitud que respondió al llamamiento de la Plataforma sólo los gritos de "Impunidad, Nunca Máis" rompieron el silencio de un pueblo "sin más gobierno de sí que la propia sociedad galega", un pueblo que envió un mensaje claro a la justicia y al poder político: "Estamos hartas de mareas negras, no a la impunidad".
 

Contactar con La Haine

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal