lahaine.org

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eM9z

convertir a:
Convertir a ePub  ePub        Convertir a pdf  pdf

  tamaño texto

  enviar          imprimir


traductor

07/12/2014 :: Nacionales Galiza

[Gal/Cast] "É preciso un proceso de recomposición integral da esquerda patriótica"

x Sermos Galiza
Conversamos con el ex-secretario general de Primeira Linha después de su dimisión el pasado 30 de noviembre

Galego

Conversamos co ex-secretario xeral de Primeira Linha após a súa demisión o pasado 30 de novembro.

Secretario xeral de Primeira Linha desde a súa fundación en 1996, Carlos Morais anunciou a súa demisión o pasado 30 de novembro após unha conferencia política da organización. Con el conversamos sobre a escisión que motiva a súa renuncia e do proceso interno que se abre no seo da formación a partir de agora mais tamén do contexto político que atinxe a esquerda nacionalista e independentista galega na actualidade e do futuro do proxecto nacional galego. 

Anunciaches a túa demisión o 30 de novembro, cales foron as razóns que te levaron a tomares esta decisión?

O día 30 de novembro realizamos unha Conferencia nacional do partido porque había unha serie de diferenzas político-organizativas no seo de Primeira Linha.

Concretamente, un conxunto de militantes que na Conferencia optaron polo abandono da organización, mais que viñan desde hai varios meses expresando unha serie de diferenzas a respeito da aplicación do centralismo democrático, para alén de amosárense contrarios á existencia de compartimentación. De maneira implícita defendían a necesidade de recoñecer correntes de opinión no seo do partido e tamén cuestionaban a figura da secretaría xeral. Convocouse a conferencia e nela debatéronse dous informes, un elaborado polo Comité Central e outro por un militante axudado por un conxunto de ex-camaradas. Neses documentos aparecían recollidas as dúas visións de como debía ser o modelo participativo de Primeira Linha. Hai que ter en conta que PL desenvolveu en 2013 a súa IV Conferencia nacional na que tiña ratificado o modelo de partido comunista de cadros. O comité coida que un ano e medio despois non había lugar para reabrir o debate, un debate que, aliás, cuestionaba o cerne do partido. Froito desa confrontación de ideas un sector reducido optou polo abandono. Esas foron as principais diferenzas. Ora ben, logo terían a súa expresión no punto de vista da política de alianzas, o modelo de proxecto revolucionario para este país, embora non se chegar a explicitar de maneira escrita. 

"Tiña pensado abandonar a miña responsabilidade no Congreso ordinario mais acelerei a decisión porque consideramos que era o que máis podía axudar á perdurabilidade do proxecto político"

Aí é onde decides dar un paso atrás ou era a organización quen entendía que debías dalo?

Tiña previsto demitir froito desas diverxencias. En boa parte é un fracaso por parte do Comité Central e, nomeadamente, daquela persoa que o encabeza, ao ser incapaz de manter a cohesión do partido. Previamente tiña pensado abandonar a miña responsabilidade no Congreso ordinario, convocado para o 26 de abril. mais acelerei a decisión porque consideramos --ou considerei-- que a miña demisión era o que máis podía axudar á perdurabilidade do proxecto político marxista-leninista iniciado en 1996. Asemade, iso tamén me permitía superar na propia Conferencia nacional unha limitación do secretario xeral nun debate, e é que está un pouco atado ou condicionado pola propia responsabilidade. Desta maneira podía dicir exactamente o que pensaba. Non foi unha novidade, entendo que para o exterior si, mais para o partido e a súa dirección era algo que estaba pactado. 

Entón é un paso atrás mais non unha saída de Primeira Linha...

Contrariamente a algunhas interpretacións que se fixeron após o comunicado, que apuntaban a miña saída de Primeira Linha, iso non é certo. Sigo no Comité Executivo e no Comité Central. De maneira que dou un paso atrás. A miña intención é deixar de ser unha persoa con proxección pública e non exercer de portavoz. En función da miña disponibilidade e do que o conxunto do partido considere, veremos onde encaixo no período que se abre agora. 

"En función da miña disponibilidade e do que o conxunto do partido considere, veremos onde encaixo"

 Falabas da baixa dun grupo de persoas que, asemade, se localizan principalmente no sur do país. Como fica organizativamente agora Primeira Linha?

Por vez primeira desde 1996 hai unha escisión. Chamémoslle ás cousas polo seu nome. É un abandono colectivo dun conxunto de militantes. As baixas prodúcense, basicamente, do río Lérez cara ao sur. Esas persoas foron comunicando através de correo electrónico á dirección a súa baixa, mais isto non supón que a organización desapareza do Lérez para abaixo, embora algunhas desas persoas son cadros destacados do punto de vista político-organizativo. Agora toca iniciar un proceso re-organizativo, de impulso e de re-agrupamento. Nós non temos interese en entrar en confrontación cos ex-camaradas que continúan a ser compañeiros na Unidade Popular [Nós-UP]. Mais non houbo acordo porque esoutra parte da organización non quixo chegar a el. 

 Cales son as diferenzas ideolóxicas e como reverte todo isto en Nós-UP?

Non sei cales son as diferenzas políticas a respeito da liña táctica. Primeira Linha realizou o V Congreso en 2010 e nel definimos as diferentes fases da revolución galega apostando na vía insurreccional para lograr construír na Galiza unha patria socialista. Esa é a posición que nós imprimimos através de Nós-UP. En febreiro de 2013, Nós-UP --froito das mudanzas que se viñan dando no seo do nacionalismo maioritario-- promove ou inicia unha serie de contactos que culminan na primeira manifestación unitaria nacionalista e independentista desde había décadas. A partir de aí iníciase un proceso de unidade parcial, moi concreta, non constante, co BNG e outras organizacións da esquerda nacionalista. Iso terá tamén a súa expresión na constitución da GPS, embora esta non chegou a callar pola falta de vontade do BNG, embora nós pensarmos que era un proxecto estratéxico que ía permitir que persoas moi variadas puideramos facer traballo conxunto através da idea que nos une que é a soberanía nacional.

"Desde a Unidade Popular entendemos que hai un avanzo imparábel do furacán que representa o españolismo de esquerdas tanto no plano político como social"

Desde a Unidade Popular entendemos que hai un avanzo imparábel do furacán que representa o españolismo de esquerdas tanto no plano político como social.

Coas súas diferentes expresións. Nese senso, nen a esquerda nacionalista nen o BNG ten capacidade para frear ese avanzo. Cremos que están esgotadas a maior parte das siglas da esquerda patriótica. Tanto o Bloque como a de Nós-UP, polo que é preciso encetar un proceso de recomposición integral da esquerda patriótica. Defendemos pular por un polo patriótico rupturista e iso tería que vir xerido por un proceso no que as diferentes organizacións --con xenerosidade e altura de miras-- optasemos por unha refundación. Ou será inviábel parar o proceso de españolización. Cremos que o proxecto nacional galego está á beira da súa derrota estratéxica. A esquerda independentista --froito da súa fragmentación e debilidade-- é hoxe incapaz de ocupar o espazo que representa o nacionalismo de esquerda e, se iso cae, Galiza como proxecto político vai desaparecer antes ou despois. Nestes momentos constatamos que o BNG opta por reforzar a súa sigla. Haberá que agardar aos resultados das municipais para que se dea conta unha parte da dirección do Bloque da catástrofe cara á cal camiñamos. 

" A esquerda independentista é hoxe incapaz de ocupar o espazo que representa o nacionalismo de esquerda"

 Cal é o clima co que encara a militancia de Primeira Linha este proceso de debate interna de cara ao Congreso de abril?

Primeira Linha é hoxe un partido máis cohesionado que o día 30 de novembro.
Mais foi un golpe moral importante. Seguimos acreditando na existencia dun partido de cadros, leninista, selectivo, unificado e centralizado. Continuamos co proxecto para adiante tamén cunha política comunicativa máis transparente, de aí que se emitise un comunicado --contrariamente ao que se tería realizado noutra ocasión-- recoñecendo a escisión e a demisión do secretario xeral. 

 Botando a ollada atrás, como valoras todo este tempo transcorrido á fronte de Primeira Linha?

Primeira Linha nace no seo do BNG. Na altura de 1996 a fronte patriótica non permitía a existencia dunha corrente que se definise claramente como independentista e as condicións subxectivas e obxectivas imposibilitaban medrar. Aí decidimos saír do Bloque e iniciar un proceso de unidade de acción co independentismo que daquela existía, moito máis fragmentado e debilitado que na actualidade. O proxecto até o de agora foi evoluíndo en diferentes etapas dando lugar á reformulación do campo da esquerda independentista. Dunha banda co xurdimento de Nós-UP froito do Proceso Espiral, diferentes iniciativas de carácter máis amplo e non partidario como as Bases políticas galegas, a creación da primixenia Causa Galiza nun momento determinado, etc. Nós cremos que o proxecto que se funda no 95-96 non atinxiu unha boa parte dos obxectivos marcados, neste tempo, nen a nivel organizativo nen a nivel social, embora cremos que noutras vertentes si o fixo incorporando achegas á esquerda patriótica.

"É urxente que a esquerda nacional se mova. A españolización entre as faixas de idade máis novas é evidente"

O balanzo é positivo e negativo, se temos esas dúas cuestións en conta.
Actualmente é evidente que estamos inmersos nunha crise capitalista a escala mundial, acompañada no Estado español dunha crise do propio rexime. Neste contexto as forzas da esquerda independentista non estamos a ser capaces de encabezar o descontento social que está a ser canalizado por forzas de aparente carácter radical e rupturista, mais que non son máis que a segunda versión do que aconteceu a final dos 80. Podemos non é máis que o PSOE 2.0, o instrumento máis útil para un sector da oligarquía para perpetuar o sistema e evitar que o descontento remate nunha revolta popular. A medio prazo pode rematar nunha enorme frustación. 

Falabas da construción dun polo patriótico rupturista, coidas que será factíbel?

Hai un conxunto de actores e axentes políticos e sociais dentro da esquerda patriótica que son minoritarios, si, mais teñen unha carga do punto de vista político-ideolóxico e de lexitimidade aos que o nacionalismo hoxe non chega. A converxencia destes vai crear un efecto chamada entre centenares ou millares de activistas sociais que neste momento están orfos ou optan polo mal menor, mais que coidan que o BNG non representa unha forza política rupturista, senón que identifican como unha sigla máis do rexime, cos matices que lle queiramos colocar. Nós seguimos apostando na recomposición da esquerda patriótica. É urxente que a esquerda nacional se mova. A españolización entre as faixas de idade máis novas é evidente. Mesmo aqueles sectores onde a esquerda nacional era hexemónica como o movemento estudantil e xuvenil están a ser disputados pola esquerda española. Nós temos enormes dificultades á hora de transmitir con pedagoxía política que os problemas reais da maioría da poboación, desemprego, precariedade laboral, emigración, pobreza... só se poden resolver se aquí existen mecanismos de decisión, se temos soberanía plena. Hai que mudalo todo para poder ser un instrumento útil, eficaz para Galiza no século XXI, e non seguir coa cabeza posta no século XX que é o que nos acontece ao conxunto da esquerda patriótica. 

 

Castellano

“ Es necesario un proceso de recomposición integral de la izquierda patriótica”

Conversamos con el ex-secretario general de Primeira Linha después de su dimisión el pasado 30 de noviembre.

Secretario general de Primeira Linha desde su fundación en 1996, Carlos Morais anunció su dimisión el pasado 30 de noviembre después de una conferencia política de la organización. Con él conversamos sobre la escisión que motiva su renuncia y del proceso interno que se abre en el seno de la formación a partir de ahora pero también del contexto político que alcanza a la izquierda nacionalista e independentista galega en la actualidad y del futuro del proyecto nacional galego.

 Anunciaste tu dimisión el 30 de noviembre, ¿Cuáles fueron las razones que te llevaron a tomar esta decisión?

El día 30 de noviembre realizamos una Conferencia nacional del partido porque había una serie de diferencias político-organizativas en el seno de Primeira Linha. Concretamente, un conjunto de militantes que en la Conferencia optaron por el abandono de la organización, pero que venían desde hace varios meses expresando una serie de diferencias al respecto de la aplicación del centralismo democrático, además de mostrarse contrarios a la existencia de compartimentación. De manera implícita defendían la necesidad de reconocer corrientes de opinión en el seno del partido y también cuestionaban la figura de la secretaría general. Se convocó la conferencia y en ella se debatieron dos informes, uno elaborado por el Comité Central y otro por un militante ayudado de un conjunto de ex-camaradas.

En esos documentos aparecían recogidas las dos visiones de como debía ser el modelo participativo de Primeira Linha. Hay que tener en cuenta que PL desarrolló en 2013 su IV Conferencia nacional en la que había ratificado el modelo de partido comunista de cuadros. El comité cree que un año y medio después no había lugar para reabrir el debate, un debate que, además, cuestionaba las bases del partido. Fruto de esa confrontación de ideas un sector reducido optó por el abandono. Esas fueron las principales diferencias. Ahora bien, tendrían su expresión en el punto de vista de la política de alianzas, el modelo de proyecto revolucionario para este país, a pesar de que no se llegaría a explicitar de manera escrita.

“Ya había pensado abandonar mi responsabilidad en el Congreso ordinario pero aceleré la decisión porque consideramos que era lo que más podía ayudar a la perdurabilidad del proyecto político”.

¿Ahí es donde decides dar un paso atrás o era la organización que en entendía que debías darlo?

Tenía previsto dimitir fruto de esas diferencias. En buena parte es un fracaso por parte del Comité Central y, principalmente, de aquella persona que lo encabeza, al ser incapaz de mantener la cohesión del partido. Previamente había pensado abandonar mi responsabilidad en el Congreso ordinario, convocado para el 26 de abril, pero aceleré la decisión porque consideramos -o consideré- que mi dimisión era lo que más podía ayudar a la perdurabilidad del proyecto político marxista-leninista iniciado en 1996. Además, eso también me permitía superar en la propia Conferencia nacional una limitación del secretario general en un debate, y es que está un poco atado o condicionado por la propia responsabilidad. De esta manera podía decir exactamente lo que pensaba. No fue una novedad, entiendo que para el exterior si, pero para el partido y su dirección era algo que estaba pactado.

Entonces es un paso atrás más no una salida de Primeira Linha...

Contrariamente a algunas interpretaciones que se hicieron después del comunicado, que apuntaban a mi salida de Primeira Linha, eso no es cierto. Sigo en el Comité Ejecutivo y en el Comité Central. De manera que doy un paso atrás.

Mi intención es dejar de ser una persona con proyección pública y no ejercer de portavoz. En función de mi disponibilidad y de lo que el conjunto del partido considere, veremos donde encajo en el período que ahora se abre.

 Hablabas de la baja de un grupo de personas que se localizan principalmente en el sur del país. ¿Cómo queda organizativamente ahora Primeira Linha?

Por primera vez desde 1996 hay una escisión. Llamémos le a las cosas por su nombre. Es un abandono colectivo de un conjunto de militantes. Las bajas se producen básicamente, del río Lérez hacia el sur. Esas personas fueron comunicando a través de correo electrónico a la dirección su baja, pero esto no supone que la organización desaparezca del Lérez hacia abajo, a pesar de que algunas de esas personas son cuadros destacados desde el punto de vista político-organizativo. Ahora toca iniciar un proceso re-organizativo, de impuso y de reagrupamiento. Nosotros no tenemos interés en entrar en enfrentamiento con los ex-camaradas que continúan a ser compañeros en la Unidad Popular (Nós-Up). Pero no hubo acuerdos porque esa otra parte de la organización no quiso llegar a ellos.

 ¿Cuáles son las diferencias ideológicas y como revierte todo esto en Nós-Up?

No sé cuáles son las diferencias políticas al respecto de la línea táctica.
Primeira Linha realizó el V Congreso en 2010 y en él definimos las diferentes fases de la revolución galega apostando en la vía insurreccional para lograr construir en Galiza una patria socialista. Esa es la posición que nosotros imprimimos a través de Nós-UP. En febrero de 2013, Nós-Up fruto de los cambios que se estaban desarrollando en el seno del nacionalismo mayoritario- promueve o inicia una serie de contactos que culminan en la primera manifestación unitaria nacionalista e independentista desde había décadas. A partir de ahí se inicia un proceso de unidad parcial, muy concreta, no constante, con el BNG y otras organizaciones de la izquierda nacionalista. Eso tendrá también su expresión en la constitución de la GPS, aunque ésta no llegó a cuajar por la falta de voluntad del BNG, aún así nosotros pensamos que era un proyecto estratégico que iba a permitir que personas muy variadas pudiéramos hacer trabajo conjunto a través de la idea de que lo que nos une es la soberanía nacional.

Desde la Unidad Popular entendemos que hay un avance imparable del huracán que representa el españolismo de izquierdas tanto en el plano político como social. Con sus diferentes expresiones. En este sentido, ni la izquierda nacionalista ni el BNG tiene capacidad para frenar este avance. Creemos que están agotadas la mayor parte de las siglas de la izquierda patriótica. Tanto el Bloque como la de Nós-Up, por lo que es necesario iniciar un proceso de recomposición integral de la izquierda patriótica. Defendemos impulsar un polo patriótico rupturista y eso tendría que venir gestionado por un proceso en el que las diferentes organizaciones -con generosidad y altura de miras- optásemos por una refundación. O será inviable parar el proceso de españolización. Creemos que el proyecto nacional galego está al borde de su derrota estratégica. La izquierda independentista -fruto de su fragmentación y debilidad- es hoy incapaz de ocupar el espacio que representa el nacionalismo de izquierda y, si eso cae, Galiza como proyecto político desaparecerá antes o después. En estos momentos consttamos que el BNG opta por reforzar su sigla. Habrá que aguardar a los resultados de las municipales para que se dé cuenta una parte de la dirección del Bloque de la catástrofe hacia la que caminamos.

“ La izquierda independentista es hoy incapaz de ocupar el espacio que representa el nacionalismo de izquierda”

 ¿Cuál es el clima con el que encara la militancia de Primeira Linha este proceso de debate interna de cara al Congreso de abril?

Primeira Linha es hoy un partido más cohesionado que el día 30 de noviembre.Pero fue un golpe moral importante. Seguimos creyendo en la existencia de un partido de cuadros, leninista, selectivo, unificado y centralizado. Continuamos con el proyecto hacia adelante también con una política comunicativa más transparente, de ahí que se emitiese un comunicado –contrariamente a lo que se habría realizado en otra ocasión-- reconociendoo la escisión y la dimisión del secretario general.

 Echando una mirada atrás ¿Cómo valoras todo este tiempo transcurrido al frente de Primeira Linha?

Primeira Linha nace en el seno del BNG. Én 1996 el frente patriótico no permitía la existencia de una corriente que se definiese claramente como independentista y las condiciones subjetivas y objetivas imposibilitaron crecer. Ahí decidimos salir del Bloque e iniciair un proceso de unidad de acción con el independentismo que en aquel momento existía, mucho más fragmentado y debilitado que en la actualidad. El proyecto hasta hoy ha ido evolucionando en diferentes etapas dando lugar a la reformulación del campo de la izquierda independentista. Por un lado con el surgimiento de Nós-Up fruto del Proceso Espiral, diferentes iniciativas de carácter más amplio y no partidario como las Bases políticas galegas, la creación de la primigenia Causa Galiza en un momento determinado etc. Nosotros creemos que el proyecto que se funda en el 95-96 no alcanzó una buena parte de los objetivos marcados, en este tiempo, ni a nivel organizativo ni a nivel social, aunque creemos que en otras vertientes si lo hizo incorporando aportaciones a la izquierda patriótica.

“Es urgente que la izquierda nacional se mueva. La españolización entre las etapas de edad más jóvenes es evidente”

El balance es positivo y negativo, si tenemos esas dos cuestiones en cuenta. Actualmente es evidente que estamos inmersos en una crisis capitalista a escala mundial, acompañada en el Estado español de una crisis de su propio régimen. En este contexto las fuerzas de izquierda independentista no estamos siendo capaces de encabezar el descontento social que está siendo canalizado por fuerzas de aparente carácter radical y rupturista, pero que no son más que la segunda versión de lo que sucedió a finales de los 80. Podemos no es más que el PSOE 2.0, el instrumento más útil para un sector de la oligarquías para perpetuar el sistema y evitar que el descontento acabe en una revuelta popular. A medio plazo puede acabar en una enorme frustración.

 Hablabas de la construcción de un polo patriòtico rupturista ¿Crees que será factible?

Hay un conjunto de actores y agentes polìticos y sociales dentro de la izquierda patriótica que son minoritarios, si, pero tienen una carga desde es el punto de vista político-ideológico y de legitimidad a los que el nacionalismo hoy no llega. La convergencia de estos va a crear un efecto llamada entre cientos o miles de activistas sociales que en este momento están huérfanos o optar por el mal menor, pero que creen que el BNG no representa una fuerza política rupturista, sino que identifican como una sigla más del régimen, con los matices que le queramos poner. Nosotros seguimos apostando por la recomposición de la izquierda patriótica. Es urgente que la izquierda nacional se mueva. La españolización entre las etapas de edad más jóvenes es evidente. Incluso en aquellos sectores donde la izquierda nacional era hegemónica como el movimiento estudiantil y juvenil están siendo disputados por la izquierda española. Nosotros tenemos dificultades a la hora de transmitir con pedagogía política que los problemas reales de la mayoría de la población,desempleo, precariedad laboral, emigración, pobreza...sólo se pueden resolver si aquí existen mecanismos de decisión, si tenemos soberanía plena.

Hay que cambiarlo todo para poder ser un instrumento útil, eficaz para Galiza en el siglo XXI, y no seguir con la cabeza puesta en el siglo XX que es lo que nos sucede al conjunto de la izquierda patriótica.

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eM9z

 

Contactar con La Haine

Envíanos tus convocatorias y actividades!

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License    [ Clave pública PGP ] ::

Principal