lahaine.org
Nacionales Galiza :: 07/01/2014

[Gal/cast] Xa son máis de 516.000 @s galeg@s que viven en fogares con 'carencias materiais'

Sermos Galiza
Según un estudio elaborado por el Instituto Galego de Estadística en Galiza hay 516.000 galeg@s que viven en viven en hogares con carencias materiales

Galego

Segundo o estudo elaborado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) sob o nome ‘Enquisa de condicións de vida das familias. Módulo xeral. Edición 2013’ en Galiza hai 516.812 galeg@s que viven en fogares ‘con carencia material’. Esta é a cifra correspondente a 2012 e indica que desde 2011 hai 12.000 persoas máis nesa situación no noso país (naquel ano eran 504.984 galeg@s).

Mais, que significa fogares con carencia material? Segundo a terminoloxía da enquisa, cualifícase desta forma unha vivenda cando os seus moradores teñen carencia polo menos en 3 conceptos dos 7 seguintes:

Non pode permitirse unha comida de carne, polo ou pescado polo menos cada dous días.
Non pode permitirse manter a vivenda cunha temperatura adecuada.
Non ten capacidade para facer fronte a gastos imprevistos.
Tivo atrasos no pagamento de gastos relacionados coa vivenda principal (hipoteca ou aluguer, gas, comunidade...)
Non pode permitirse dispoñer de coche.
Non pode permitirse dispoñer de ordenador persoal.
Non pode permitirse ir de vacacións polo menos unha semana ao ano.

Son máis do 19% dos fogares galegos os que están nesta situación. A Coruña e Pontevedra son as provincias con maior presenza de fogares con carencia material (19,2% e 19,7%), mentres que en Lugo e Ourense andan por volta do 16% en cada unha delas.

Prestacións

Á hora de interpretar estes dados non hai que esquecer que as prestacións son xa a fonte principal de ingresos no 42% dos fogares galegos. Máis de 447.000 familias saen adiante no noso país grazas ás prestacións sociais, 78.000 máis que no comezo da crise.

Os fogares onde o salario era a principal fonte de ingresos pasou do 62% a menos do 56% en menos de catro anos.


Castellano

Según el estudio elaborado por el Instituto Galego de Estadística (IGE) bajo el nombre "Encuesta de condiciones de vida de las familias. Módulo general. Edición 2013 en Galiza hay 516.812 galeg@s que viven en hogares "con carencia material". Esta es la cifra correspondiente a 2012 e indica que desde 2011 hay 12.000 personas más en esa situación en nuestro país (en aquel año eran 504.984 galeg@s).

¿Pero, que significa hogares con carencia material? Según la terminología de la encuesta, se califica de esta forma una vivienda cuando sus habitantes tienen carencia por lo menos en 3 conceptos de los siguientes:

- No puede permitirse una comida de carne, pollo o pescado al menos cada dos días.
- No puede permitirse mantener la vivienda con una temperatura adecuada.
- No tiene capacidad para hacer frente a gastos imprevistos.
- Tuvo demoras en el pago de gastos relacionados con la vivienda principal (hipoteca o alquiler, gas, comunidad...).
- No puede permitirse disponer de coche.
- No puede permitirse disponer de ordenador personal.
- No puede permitirse ir de vacaciones por lo menos una semana al año.

Son más del 19% de los hogares galegos los que están en esta situación. A Corunha e Ponte Vedra son las provincias con mayor presencia de hogares con carencia material (19,2% y 19,7%), mientras que en Lugo y Ourense alrededor del 16% en cada una de ellas.

Prestaciones

A la hora de interpretar estos datos no hay que olvidar que las prestaciones son ya la fuente principal de ingresos en el 42% de los hogares galegos. Más de 447.000 familias salen adelante en nuestro país gracias a las prestaciones, 78.000 más que en el comienzo de la crisis.

Los hogares donde el salario era la principal fuente de ingresos pasó del 62% a menos del 56% en menos de cuatro años.

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal