lahaine.org
Nacionales Galiza :: 19/09/2023

Galiza: reclaman a retirada de 124 símbolos franquistas nun total de once concellos

Manuel Monge
Presentada información de 124 símbolos franquistas das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Provincia da Coruña) para o catálogo de elementos contrarios á memoria democrática

Presentada información de 124 símbolos franquistas das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Provincia da Coruña) para o catálogo de elementos contrarios á memoria democrática (Artigo 36.2. da Lei de Memoria Democrática)

Presenteino onte, luns, un escrito un escrito na Subdelegación do Goberno da Coruña para o Catálogo de elementos contrario á memoria democrática, que está a elaborar o Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática

Presento o escrito como sociólogo e vítima do franquismo, en aplicación do artigo 36.1 sobre o Catálogo da Lei de Memoria Democrática (LMD): “Poderán incluírse no mesmo aqueles elementos que se soliciten polas vítimas, os seus familiares ou as entidades memorialistas, en defensa de seu dereito ao honor e a dignidade, ou resulten de estudos e traballos de investigación.”

⇒⇒⇒Le o texto completo de 18 páxinas presentado, fai clic aquí⇐⇐⇐

O pasado 1 de setembro xa presentara documentación sobre 180 símbolos franquistas na concello da Coruña.

Estes 124 elementos contrarios á memoria democrática de 11 concellos están distribuídos así: Ferrol 65, Ares 14, Cariño 4, Fene 3, Mañón 2, Mugardos 8, Narón 7, Neda 2, Ortigueira 10, Pontedeume 8, San Sadurniño 1.

Ferrol retiraba a Manuel Fraga, ministro da ditadura, a distinción de Fillo Adoptivo o 25 de abril de 2019, pero aínda quedan en Ferrol 9 ministros da ditadura coa distinción de Fillos Adoptivos ou Predilectos: Pedro Nieto Antúnez, Pablo Martín Alonso, Juan Antonio Suanzes Fernández, Salvador Moreno Fernández, Gonzalo Fernández de la Mora, José María Martínez y Sánchez Arjona, Manuel Lora Tamayo, Jorge Vigón Suerodíaz e Fernando Suárez de Tangil. E outro ministro, José María Fernández Ladreda, dá nome a un peirao.

O Museo Naval de Ferrol, que depende do Ministerio de Defensa, ten 16 elementos contrarios á memoria democrática. Trátase dun museo de exaltación do franquismo cuns textos propios da ditadura. Refírese ao golpe de Estado de 1936 como un “alzamiento” e unha “guerra de liberación”. Fai unha exaltación de significados militares golpistas –con exhibición de medallas e distincións recibidas na ditadura, como Salvador Moreno Fernández, Francisco Moreno Fernández e Francisco Núñez Rodríguez– ou propagandistas do franquismo como o xeneral Juan Antonio Chicharro Ortega, presidente da Fundación Nacional Francisco Franco, que firma un “Decálogo del Infante de Marina”, incumprindo a Lei de Memoria Democrática.

É unha vergoña para unha sociedade democrática que Camilo Alonso Vega, significado militar golpista e ministro de Gobernación (coñecido como “Camulo” na ditadura pola represión violenta), conserve unha escultura na entrada do hospital Juan Cardona de Ferrol, que o presenta como “Hijo Ilustre de la ciudad, soldado heroico, gobernante ejemplar”, cando a corporación municipal de Ferrol xa cambiara en 1981 o nome do Parque Camilo Alonso Vega, hoxe Alexandre Bóveda, e a súa praza, entre o teatro Jofre e o edificio de Correos, é hoxe Praza de Galicia.

Hai un incumprimento da Lei de Memoria Democrática (artigo 41.1.) que retira a Juan Antonio Suanzes Fernández, ministro na ditadura, o título nobiliario de Marqués de Suanzes; As Pontes, con alcaldía socialista, retiraba a súa rúa en 2017, pero Suanzes conserva en Ferrol as distincións de Fillo Predilecto e Medalla de Ouro.

Continuadas contradicións nas actuacións dos concellos e nos propios partidos. A corporación de Ferrol retiraba en 1981 a rúa José Antonio Girón de Velasco, hoxe Ricardo Carballo Calero. En As Pontes, sendo Alcalde Valentín González Formoso, actual presidente socialista da Deputación da Coruña, retiraban por unanimidade a Medalla de Prata en 2009 a este significado fascista e ministro na ditadura, pero continúa como Fillo Adoptivo de Ortigueira.

 

Contactar con La Haine

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal