lahaine.org

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eQ3w

convertir a:
Convertir a ePub  ePub        Convertir a pdf  pdf

  tamaño texto

  enviar          imprimir


traductor

14/04/2015 :: Nacionales Galiza

Greve nas contratas de Telefónica: 5.000 avarías diarias que ficarán sen reparar

x Sermos Galiza
Greve indefinida a partir do martes 14 de abril para esixir o cumprimento dos convenios de aplicación, limitar a subcontratación en cadea e combater a precarización laboral

 

 

 

Greve indefinida en todas as contratas e subcontratas de Telefónica-Movistaren Galiza a partir do martes 14 de abril para esixir o cumprimento dos convenios de aplicación, limitar a subcontratación en cadea e combater a precarización laboral que padecen as e os traballadores do sector. Un paro que afectará a máis de 50 empresas e mil operari@s, segundo CIG-Industria, convocante da greve.

“Todo o soporte de datos, telefonía e Imagenio televisión, resultará afectado. Tamén todos os soportes de cobertura para Vodafone, R e Jazztel; pois operan a través da liña de Telefónica. Tamén resultará afectado o servizo de telemarketing, que suspenderá o proceso de altas”, advirten desde o sindicato. Isto significa, adiantan, que,por volta de 5.000 avarías diarias en Galiza que non serán reparadas “e que afectarán a todas as operadoras referenciadas”. A greve en Galiza súmase ás que se desenvolveron con anterioridade noutros territorios do Estado.

A Federación de Industria do sindicato nacionalista explica que este é un sector “altamente precarizado, en boa medida pola fragmentación do mesmo, dándose situacións de até tres niveis de sub-contratación para un único contrato coa empresa principal”. Ramón Fernández, da CIG-Industria, di que dende a propia Telefónica se fomenta a competencia entre as contratas, “así como a incorporación dos seus propios extraballadores - cesad@s nos sucesivos EREs de Telefónica- a esta cadea de sub-contratación como autónom@s, ou a través de pequenas sociedades de nova creación.

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eQ3w

 

Contactar con La Haine

Envíanos tus convocatorias y actividades!

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License    [ Clave pública PGP ] ::

Principal