lahaine.org

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eG4S

convertir a:
Convertir a ePub  ePub        Convertir a pdf  pdf

  tamaño texto

  enviar          imprimir


traductor

25/05/2014 :: Nacionales Galiza

Inauguración da exposición Mostra da Barbarie en Vilagarcía

x CNT Galiza
Inauguración de la exposición "Muestra de la barbarie" en Vilagarcia

O sábado 24 de maio a partir das 19:00 inaugurarase unha exposición na sede da CNT en Vilagarcía (Alexandre Bóveda 2, 3º).

A exposición chamase Mostra Da Barbarie e consta de 18 ou 19 obras que mesturan a palabra e a imaxe.

Estariamos encantados de que pasases a mirala o día da inauguración. Nada faríanos máis felices que disfrutarades coa mostra e a pequena festa que estamos a preparar. Haberá música rock e uns pinchos.

Engadimos un pequeno resumo do que será a mostra:

É realmente isto unha mostra?

Moita xente dirá que non, que o que aquí pódese ver non ten valor ningún. Por suposto, esa falla de valor é unha esixencia das persoas que un día desexamos facer estas combinacións de imaxes e palabras. A liberdade non pode ser taxada. Rexeitamos o uso do diñeiro e ao mercado e á industria do ARTE.

Antes disto xa rexeitaramos á industria e ao mercado de todos os bens de consumo que perpetúan este noxento sistema motivado unicamente pola ansiedade imbécil de gañar diñeiro. Esta ansiedade é a que define o valor das cousas adicadas ao ocio. Cando algo pódese vender ten valor, así convertese nunha mercadoría que aniquila a esencia humana depositada nese algo.

Rexeitamos así tamén o ocio. Se é que hai algo que nos impulsa coidamos que é o libre obrar. Se as elites artísticas perpetúan a distancia entre arte e vida cotiá, nós rexeitamos ao ARTE e ao/a ARTISTA reivindicando a gratuidade deste libre obrar que transita nos circuítos do local para o local, que non ten pretensións de universalidade nin aspira ao consumo; a unión entre obra e vida, o seu carácter orgánico; a súa inutilidade para o sistema.

Estas motivacións lévannos directamente á politización deste libre obrar, a súa unión indisoluble coa vida cotiá. Unha politización entendida exclusivamente como a revolución, un acto destrutivo que dará paso a unha nova experiencia e creación utópica. Esta politización dá finalmente a razón as persoas que creen que isto non é unha mostra.

Así a todo, esta acción podería ser unha manifestación dunha tradición viva e antiga que fala, a quen quere e de modo negativo a quen no quere, cun discurso de axitación político-contracultural. Unha tradición disidente ancorada na autoxestión, autopublicación e autodifusión e necesariamente colectiva. Unha tradición chea de contradicións que non se alínea en ningunha ideoloxía de esquerda radical pero bebe de todas elas. Unha tradición do antiprofesionalismo e ultimamente anónima….

As obras de esta acción están liberadas para copialas, modificalas, presentalas con este o outro ou ningún nome, ou para facer con elas o que se queira.

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eG4S

 

Contactar con La Haine

Envíanos tus convocatorias y actividades!

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License    [ Clave pública PGP ] ::

Principal