lahaine.org
Nacionales Galiza :: 12/02/2019

Indignación na afección do Celta por acoller a sede do club un acto do PP a favor da unidade de Espa

Sermos Galiza
Indignación entre la afición del Celta por la utilización de la sede del club por el PP para defender "la unidad de España"

Seareiros e seareiras, socios e socias e peñas manifestaron nas redes sociais o seu malestar co feito de que o Salón Regio da sede oficial do RC Celta albergue esta quinta feira un mitin españolista de Pablo Casado e Alberto Núñez Feixoo.

ETIQUETAS:RC CELTA A SEDE ACTO DO PPCOMPARTIRDifundirBelvís

“Vergoña”, “noxo”, “danme ganas de darme de baixa como socio”, “lamentábel”, “patético”… Estes son apenas uns exemplos da manchea de opinións e críticas de afeccionadas e afeccionados celtistas que nas últimas horas corren polas redes sociais após se coñecer que a sede do RC Celta vai acoller esta quinta feira, 14 de febreiro, un acto do PP. En concreto, un acto no que participarán o presidente do partido español Pablo Casado e o presidente da Xunta Núñez Feixoo para defender “a unidade de España”.

Pode a sede oficial dun club de fútbol ser escenario para que un determinado partido político faga o seu discursoembora sexa nun recinto que se alugue para actos externos? Esta é unha das preguntas que circula pola rede. Outra interrogante que corre polas redes sociais é como pode ser que un club fundado en 1923 coa intención clara (plasmadas desde as cores elixidas até o nome) de representar a Galiza poida acoller un discurso que encobre unha centralización que asolaga esa esa identidade? Mesmo hai quen afirma que o acto desta quinta feira é antagónico co espíritu dun club como o Celta, plasmado en feitos como que en 1977 os seus xogadores saltaran ao campo de Balaídos portando unha gran bandeira galega para reivindicar o dereito de Galiza a se autogobernar.

“Vergoña absoluta, Mouriño arrastrando o nome do RCCelta”, lamentaba un seareiro. Desde peñas como Centolos Celestes escribían: “En fin, que pouco sentidiño temos para algunhas cousas... #XaSonGañasDeMontala”. “Menudo xeito de arrastrar o escudo”, denunciaba un afeccionado, e non faltaba quen apontaba a través das redes sociais a necesidade de organizar unha “resposta” a ese acto con proposta de lema incluído ("Fachas fóra sempre"). "Mouriño dimisión" foi outra das demandas estendidas nestas horas. Porén, outras voves apuntan a que ese recinto pode ser alugado para actos e eventos externos.

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal