Irrupçom de estudantes no Claustro da USC: A educaçom pública nom se debate, defende-se!

Galego
NOTA DE PRENSA CON MOTIVO DA IRRUPCIÓN NO CLAUSTRO DA USC
Lxs estudantes que hoxe de mañá interrompemos a sesión do Claustro que se estaba a celebrar, acordamos en asemblea emitir o seguinte documento para expor de cara a sociedade as nosas reivindicacións por unha defensa efectiva da educación pública e de calidade:
Hoxe asistimos a un acto de chamada de atención, como moitos outros que se están a suceder no estado español, mostra dun firme rexeitamento das políticas neoliberais que están a nos afundir na miseria. En concreto e dentro do que nos compete de forma máis directa, a sumisión do Rector Magnífico fronte o goberno da Xunta de Galiza, que no canto de defender os intereses da comunidade universitaria, executa dende dentro as políticas neoliberais de Feijóo. Casares Long, toupa de Feijóo.
Esiximos que ante a incapacidade manifesta de facer efectiva a súa suposta defensa destes intereses, presente dimisión.
Este xesto, a sustitución de reitor, aínda de ser un primeiro gran paso, non é suficiente e consideramos ten que vir acompañado dunha reforma do sistema universitario, onde prime o social e pedagóxico fronte as pretensións expoliadoras do capitalismo.
O acontecido hoxe tamén quere sinalar a baixa representación do estudantado nas institucións universitarias, cando é un sector dentro da comunidade notablemente superior en número que hoxe conta só co 30% do claustro.
Mostramos o noso firme apoio ás reivindicacións doutros colectivos, que tamén están sufrindo estas políticas (PAS, suspensión cautelar...).
Por todo isto o estudantado continuará nas súas accións, ata conseguir unha universidade autónoma, de calidade e gratuíta, que sexa quen de cumplir o seu papel para con esta sociedade, situándose na vangarda do progreso en prol dunha sociedade verdaderamente libre e digna.
A EDUCACIÓN NON SE DEBATE, DEFÉNDESE!
Asembleas de estudantes.
Castellano
NOTA DE PRENSA CON MOTIVO DE LA IRRUPCIÓN EN EL CLAUSTRO DE LA USC
L@s estudiantes que ayer a la mañana interrumpimos la sesión del Claustro que se estaba celebrando, acordamos en asamblea emitir el siguiente documento para exponer de cara a la sociedad nuestras reivindicacionees por una defensa efectiva de la educación pública y de calidad:
Hoy asistimos a un acto de llamada de atención, como muchos otros que se están realizando en el estado español, muestra de un firme rechazo de las políticas neoliberales que nos están hundiendo en la miseria. En concreto y dentro de lo que nos compete de forma más directa, la sumisión del Rector Magnífico frente al gobierno de la Junta da Galiza, que en vez de defender los intereses de la comunidad universitaria, ejecuta desde dentro las políticas neoliberales de Feijóo. Casares Long, topo de Feijóo.
Exigimos que ante la incapacidad manifiesta de hacer efectiva su supuesta defensa de estes intereses, presente dimisión.
Este gesto, la sustitución del rector, aún siendo un primer gran paso, no es suficiente y consideramos que tendrá que venir acompañado de una reforma del sistema universitario, donde prime lo social y pedagógico frente a las pretensiones expoliadoras del capitalismo.
Lo sucedido hoy también quiere señalar la baja representación del estudiantado en las instituciones universitarias, cuando es un sector dentro de la comunidad notablemente superior en número que hoy cuenta sólo con 30% del Claustro.
Mostramos nuestro firme apoyo a las reivindicaciones de otros colectivos, que también están sufriendo estas políticas (PAS, suspensión cautelar...).
Por todo esto el estudiantado continuará en sus acciones, hasta conseguir una universidad autónoma, de calidad y gratuita, que cumpla su papel con esta sociedad, situándose en la vanguardia del progreso en pro de una sociedad verdaderamente libre y digna.
LA EDUCACIÓN NO SE DEBATE, SE DEFIENDE.
Asambleas de estudiantes.







