lahaine.org
Nacionales Galiza :: 10/05/2006

¡Vigo estoupa, metal en loita!

CNT - Vigo
A alcaldesa de Vigo e o presidente dos empresarios da provincia de Pontevedra xa teñen o que querían: hoxe, día 8 de maio, as unidades de intervención policial traídas dende fora de Vigo cargaron brutalmente na cidade olívica contra os traballadores do metal en folga pola negociación do novo convenio.

O resultado foi 16 detidos e 6 feridos, dos cales un se atopa todavía ingresado por un pelotazo de goma na cara.

Tódolos medios de comunicación hoxe fixéronse eco duns feitos que dende hai moitos anos non se recollían en Vigo. As cargas foron totalmente desproporcionadas, ata contra a xente que se atopaba na rúa e cafés.
Con esta folga, que comenzou o día 3 de maio e está sendo secundada na cidade olívica polo 100% dos traballadores das empresas do metal que se rixen polo convenio provincial deste sector, pretenden rematar coa precariedade e a excesiva temporalidade no sector: ata o 70% de contratos son de duración determinada. Este sector sempre amosou a súa conflitividade nas negociacións dos convenios, conflitividade que non se corresponde despois co que se recolle nas mesas de negociación. Por iso, cansos xa dunha situación na que a patronal a través das empresas auxiliares incurre sistematicamente na figura da "cesión ilegal de traballadores", para evitar facelos fixos de plantilla, os traballadores veñen protagonizando unha folga indefinida que o día 5 contou coa solidariedade dos traballadores de plantilla dos asteleiros vigueses e, de seguir todo como ata agora, o día 11 está chamado todo o sector do metal da provincia a unha folga xeral do ramo do metal, incluindo as empresas da automoción.

Dende CNT esperamos que esta loita non sexa en balde e dunha vez por todas sirva para que se remate co abuso das horas extras porque non che queda máis remedio, e a temporalidade por decreto.

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal