lahaine.org
Nacionales Galiza :: 14/05/2019

“Miña nai estremece e sofre en silencio”: Morre aos 96 anos Generosa Noya, nai de Moncho Reboiras

Sermos Galiza
Mi madre se estremece y sufre en silencio".Muere a los 96 años Generosa Noya, madre de Moncho Reboiras

Generosa Noya Rodríguez morreu este domingo, 12 de maio, aos 96 anos de idade. Faleceu 43 despois de perder o seu fillo, Xosé Ramón Reboiras Noia (‘Moncho’, ‘Pepe’, ‘Rianxo’, entre outros alcumes) asasinado en Ferrol o 12 de agosto de 1975 en Ferrol pola policía franquista. O enterro de Generosa Noya será esta terza feira na igrexa de San Xoán de Laíño (Dodro), en cuxo cemiterio de Imo será enterrada. O mesmo camposanto onde descansan os restos do seu fillo.

Un outro seu fillo, Manuel Reboiras, deixou testemuña en 24 horas de agosto de 1975, publicano no libro Moncho Reboiras: o nacionalismo galego nos anos 70, do impacto da morte de Moncho na familia. Deixamos aquí algúns estractos:

“Ás 10:15 horas chego á casa. A miña nai está a agardar. Dificilmente consegue vestirse para a viaxe. Meu pai está embarcado nun mercante, na soidade absoluta do mar: tarda aínda uns días en saber da traxedia e máis tempo aínda en poder arribar a porto”.

“Pasamos Padrón e Santiago e iamos xa pola vella estrada, dirección a Ferrol. A radio do coche non dicía nada. As noticias falaban da presenza do Caudillo en Meirás e da botadura dun grande petroleiro nos estaleiros de Astano. A tensión palpábase no ambiente. Miña nai mirábame sen agardar resposta: os dous calabamos. No fondo, desexabamos que Pepe estivese ferido e poder traelo para casa”.

“No parte das 12, a radio fala xa dun enfrontamento armado nas rúas de Ferrol e da morte dun mozo de 25 anos, Xosé Ramón Reboiras Noia. Miña nai estremece e sofre en silencio”.

“Sobre a 1 da tarde, un funcionario municipal lévanos ao cemiterio de Catabois, nas aforas de Ferrol. Alí, nun cuarto, enriba dunha rudimentaria e fría mesa de pedra, estaba Pepe, totalmente espido e con 3 impactos de bala nas costas, e non na cabeza como consta no certificado de defunción, intentando xustificar e dar unha coartada ao vil asasinato”.

“Ás 4:45 horas do 12 de agosto 1975 presentouse o xuíz instrutor para o levantamento do cadáver, proceder á autopsia e posterior enterramento, vía urxente, no propio cemiterio de Catabois. Cando chegamos, fixémonos cargo do corpo e á noitiña, cunha escolta discreta e moita vixilancia de paisano, deixáronnos saír de Ferrol. Pepe foi enterrado o día seguinte no cemiterio de Imo, acompañado dos seus e de todos os veciños”.

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal