lahaine.org
Nacionales Galiza :: 21/03/2019

Militante de Causa Galiza que sufriu agresión fascista denuncia atraso nas dilixencias policiais

Galiza Confidencial
El independentista galego agredido en Ferrol, denuncia pasvidad policial y judicial

Francisco Martínez, militante de Causa Galiza, denunciou que sufriu "unha agresión fascista" en Ferrol, da que nin el nin o seu propio avogado teñen "constancia" do avance das dilixencias policiais para tratar de identificar e deter os presuntos responsables desta agresión.

Os feitos rexistráronse o pasado 7 de marzo, cando o mozo "ía camiñando para casa". "Estaba en compañía doutros dous amigos e decidimos facer unha foto cunha estatua que hai nunha rúa de Ferrol, momento no que chegaron un grupo de entre oito e dez persoas que nos comezaron a insultar, o que derivou nunha pequena discusión, decidindo irnos por outra rúa en paralelo para non ter ningún tipo de conflito", explicou en rolda de prensa.

Nese momento, sinala, atacáronlle " por detrás", ao berro de "rojo de mierda e hijo de puta", para posteriormente caer "inconsciente" ao chan e espertarse no hospital. Como consecuencia desta agresión, sufriu diversas fracturas na cara, feridas na cabeza e varios dentes rotos.

Martínez estivo acompañado do seu avogado, Alexandre Cortizas, que denunciou o "atraso" das dilixencias nunha agresión que se produciu "hai 14 días". "Non temos constancia de que se estean realizando as mínimas dilixencias por parte da Policía", insistiu, para tratar de identificar e deter aos presuntos responsables.

Tamén están a esperar a que se acabe de tomar declaración ás dúas testemuñas para dirixirse ao xulgado e solicitar "as dilixencias de proba pertinentes, vista a falta de acción por parte das Forzas e corpos de seguridade do Estado".

"Non entendemos como pode ser isto, cando estamos ante un caso de extremada gravidade", considerou, advertindo de que podería tratarse dun "presunto delito de lesións agravadas por realizarse con medios que poñen en perigo a vida das persoas, ademais de por motivos ideolóxicos, os chamados delitos de odio".

Nesta comparecencia pública Martínez contou co apoio de varios partidos, sindicatos e entidades culturais, como foi o BNG de Ferrolterra, a executiva do PSOE en Ferrol, Partido Comunista dos Traballadores de Galiza, CIG e Fundación Artabria, ademais de Causa Galiza, a organización na que milita e pertence.

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal