lahaine.org

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eQ8w

convertir a:
Convertir a ePub  ePub        Convertir a pdf  pdf

  tamaño texto

  enviar          imprimir


traductor

02/05/2015 :: Nacionales Galiza

Milleiros de persoas botáronse ás rúas este 1º de Maio en Galiza

x CIG
Milleiros de persoas botáronse ás rúas este 1º de Maio en Galiza para reclamar emprego e salarios dignos contra a pobreza

O secretario xeral da CIG chamou a confrontar as políticas do PP que condenan a milleiros de persoas á pobreza á exclusión socialA clase traballadora tomou as rúas do país convocada pola CIG para conmemorar un ano máis o 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, e denunciar que as políticas do Goberno central e da Xunta do PP condenan a milleiros de persoas á pobreza e á exclusión social. O secretario xeral da central nacionalista, Xesús Seixo, que participou en Vigo na manifestación máis concorrida do país, chamou a confrontar as políticas do Goberno central e da Xunta do PP que condenan a milleiros de persoas a unha situación de pobreza e de exclusión social.

Galería de imaxes de Vigo e no Morrazo

Galería de imaxes da Coruña e Ferrol

Galería de imaxes de Compostela e Ribeira

Galería de imaxes de Ourense, Lugo e Viveiro

Galería de imaxes de Pontevedra, Vilagarcía e A Estrada

A clase traballadora galega estivo unha vez máis á altura das circunstancias e desafiando a adversidade meteorolóxica encheu as rúas do país nunha das datas máis importantes para os traballadores/as de todo o mundo, xa que o 1º de Maio simboliza a loita histórica e continuada de todos/as os traballadores/as por mellorar as súas condicións de vida. Milleiros de persoas e percorreron as rúas de Galiza na ducia de manifestacións convocadas pola CIG baixo o lema 'Contra a pobreza, emprego e salarios dignos'.

A marcha central, celebrada novamente en Vigo, foi un ano máis a que rexistrou unha maior participación. Ao remate da mobilización o secretario xeral da CIG, Xesús Seixo, incidiu na necesidade de continuar a loita en defensa dos dereitos e das condicións sociais dos traballadores/as e pola plena soberanía da nosa nación.

Seixo iniciou a súa intervención lembrando que fronte á propaganda do Partido Popular de que a crise está superada, a realidade é que nos atopamos nunha etapa de enorme dificultade para amplos sectores da clase traballadora galega. “A situación só vai ben para aqueles que son os responsábeis desta crise económica: os banqueiros, os especuladores, os oligarcas españois amigos do PP”, denunciou.

O responsábel sindical incidiu en que a realidade que a Xunta e o Goberno español manipulan e ocultan a diario coa colaboración dos grandes medios de comunicación “caracterízase por un forte retroceso en dereitos laborais e sociais e en calidade de vida para amplos sectores da sociedade, até o extremo de levar a milleiros de persoas a una situación de pobreza e de exclusión social, todo isto acompañado dunha forte política represiva e de recorte das liberdades públicas”.

Cifras históricas de desemprego

O secretario xeral da CIG denunciou durante o seu discurso que o noso país perdeu 195.300 postos de traballo dende o 2007; situándose en cifras históricas de desemprego cun total de 275.800 persoas no paro. Ao tempo, advertiu sobre a perda de poboación activa en idades entre 20 e 39 anos, así como de emprego fixo e a xornada completa, “que está a ser substituído por emprego temporal e a tempo parcial”.

Tamén alertou sobre a crecente redución dos salarios da clase traballadora “mentres se fai una política fiscal que favorece as rendas máis altas, as grandes empresas e os defraudadores”; sinalou así mesmo que o crecemento económico de Galiza é inferior á media do Estado e que se está a destruír unha parte importante do tecido produtivo en sectores básicos como o agrogandeiro, pesqueiro, naval ou eólico, “e nos últimos anos incrementáronse as desigualdades sociais, cunha forte concentración da riqueza nas grandes fortunas”.

Segundo criticou, esta é a dura realidade que a día de hoxe padece a clase traballadora galega e que se empeña en ocultar o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen cualificou como “experto manipulador e vendedor de fume”. Unha situación que é consecuencia das políticas económicas e laborais promovidas dende a Unión Europea e o Fondo Monetario Internacional, executadas obedientemente no Estado español polo PP, e que teñen como finalidade afondar no actual sistema capitalista neoliberal, favorecer o incremento de beneficios do capital e a concentración de riqueza e do poder en mans da oligarquía financeira.

Para rematar, lembrou que a xornada do 1º de Maio simboliza a loita que historicamente levou adiante, e segue a levar, o proletariado de todo o mundo por rematar coa explotación de clase e facer realidade unha sociedade máis xusta, democrática, libre e igualitaria no económico e no social. “A CIG e a clase obreira galega sentímonos parte activa desa loita internacionalista e solidaria e a ela queremos contribuír coas manifestacións que celebramos por toda Galiza nesta data, así como coas loitas que levamos adiante diariamente na defensa dos nosos dereitos, na mellora das nosas condicións de vida e de traballo e pola conquista da plena soberanía para a nosa nación”, concluíu.

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eQ8w

 

Contactar con La Haine

Envíanos tus convocatorias y actividades!

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License    [ Clave pública PGP ] ::

Principal