lahaine.org

compartir

                    

Dirección corta: https://lahaine.org/gB8L

convertir a:
Convertir a ePub  ePub        Convertir a pdf  pdf

  tamaño texto

  enviar          imprimir


traductor

07/09/2022 :: Nacionales Galiza

O curso iniciará con mobilizacións nos centros de ensino ante a redución de docentes

x Mar Ávarez
A plataforma veciñal SOS IES Punta Candieira maniféstase pola falta de profesorado

A CIG-Ensino denunciou nesta segunda feira que o curso 2022-2023 comece con recortes no profesorado, en concreto, "con 717 docentes menos con destino provisional" en comparación ao ano anterior. O sindicato explicou que, "despois do recorte do curso pasado, que segundo datos oficiais da Consellaría supuxo 869 docentes menos, esta é a maior redución desde hai máis de 13 anos".

Estes datos inclúen os efectos do fechamento de 59 aulas en Infantil e Primaria ou a negación de prazas de apoio de Infantil e de profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. No que respecta a Secundaria, o recorte de postos de traballo resulta xeneralizado, dixo nesta segunda feira Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino.

Con todo "esta perda de postos no ensino público contrasta co incremento de postos no privado", indicou Bermello, pois mentres que o recorte de docentes desde 2009 é superior a 10%, o profesorado de ensino privado aumento perto de 6%.

CIG-Ensino convoca protestas ante o "recorte" de centos de docentes neste curso escolar

A CIG tamén criticou o "empeoramento das condicións de traballo", dado que se amplía a porcentaxe de profesorado que terá que impartir materias afíns ou diferentes á da súa especialidade. Ademais, tamén denunciou que "a redución de profesorado interino neste curso ascende a 1.225 docentes". 

Inicio de mobilizacións

Bermello informou ademais de que Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca as familias, alumnado e profesorado a concentrarse nesta cuarta feira nos centros educativos ás 11.30 en contra dos recortes. Tamén haberá á mesma hora unha concentración diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, Compostela.

Manifestación en Cedeira

A plataforma veciñal SOS IES Punta Candieira, de Cedeira, organizou nesta segunda feira unha manifestación que se volverá a realizar todos os días desta semana, para "demandar que se retroceda na decisión de quitar profesores neste IES", cun recorte anunciado de 14 docentes, segundo explicou a Nós Diario María Pernas, a portavoz da plataforma.

"Eliminan as clases de apoio, as aulas de convivencia, o bacharelato de adultos" e, coa suba da ratio, "haberá 40 crianzas por grupo, que non sei nin se caberán na aula", denuncia. Pernas indica que a manifestación pretende "facer ruído para que a xente se una e que nos escoiten". Ademais, a plataforma está a realizando unha recollida de firmas, e o concello "solicitou unha entrevista co conselleiro de educación, Román Rodríguez.

https://www.nosdiario.gal/articulo/social/curso-iniciara-mobilizacions-nos-centros-ensino-reducion-docentes/20220905211506151672.html

compartir

                    

Dirección corta: https://lahaine.org/gB8L

 

Contactar con La Haine

Envíanos tus convocatorias y actividades!

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal