lahaine.org

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eO4v

convertir a:
Convertir a ePub  ePub        Convertir a pdf  pdf

  tamaño texto

  enviar          imprimir


traductor

25/01/2015 :: Nacionales Galiza

Sobe o desemprego na Galiza, apesar de perder 24.600 pessoas entre 16 e 34 anos

x CIG
Sube el desempleo en Galiza, a pesar de perder 24.600 personas entre 16 y 34 años

Descenden ocupación e actividade e medra a precariedade con 29.000 ocupados/as menos a tempo completo e 12.400 máis a tempo parcial

Segundo se tira dos datos da Enquisa de Poboación Activa do IV Trimestre, o ano 2014 rematou en Galiza cun total de 263.800 desempregados/as e unha taxa de paro do 20,9% (0,7 puntos máis), o que se traduce en valores absolutos en 5.500 desempregados/as máis que no trimestre anterior.  O paro descendeu nun punto respecto a hai un ano, porén diminuíron tamén as taxas de ocupación e de actividade e houbo unha perda de poboación nese período de 29.000 persoas, das que 24.600 eran mozos/as de entre 16 e 34 anos. 

Diante desta situación o secretario confederal de Emprego, Miguel Malvido, rexeita calquera mensaxe triunfalista e afirma taxatativamente que “é falso insinuar sequera que se está creando emprego en Galiza”.

Denuncia que as políticas do Partido Popular están provocando a expulsión do país de miles de persoas: 16.800 habitantes menos nun só trimestre e un total de 29.000 nun ano, dos que a maioría eran mozos e mozas. “E nin sequera a perda de poboación consegue maquillar uns datos que só poden ser cualificados de nefastos e que poñen en cuestión o propio futuro de Galiza”, advirte.

A isto engade que malia haber 17.000 desempregados/as menos respecto do mesmo trimestre do ano anterior, este descenso do paro non se corresponde cun incremento da ocupación que, de feito, diminuíu  nun ano en 16.900 persoas e con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior en 2.200 persoas. Salienta ademais que, parello a isto, descendeu tamén a poboación activa nun 0,9% trimestral e nun 1,5% interanual.

Incremento da precariedade

Con todo, para o secretario confederal de Emprego o máis grave é o alarmante incremento da precariedade. “Os datos constatan que se está destruíndo emprego a tempo completo e que este está sendo substituído progresivamente por emprego con xornadas a tempo parcial”. De feito desapareceron 29.000 ocupados/as a tempo completo no último trimestre e hai 12.400 ocupados/as máis a tempo parcial.

Tipo de xornada

Para Malvido é o emprego de cada vez peor calidade o que explica os datos da Axencia Tributaria (os últimos de 2013), que constatan que 177.543 asalariados/as galegos/as, o 18,3% do total, percibiron menos 1.872,00 € anuais durante 2013, ou o que é o mesmo, 170 € brutos mensuais. “Estamos a falar de miles de persoas que, malia ter un posto de traballo, viven na pobreza”.

Para o secretario confederal de Emprego non cabe dúbida de que esta situación é consecuencia dunha reforma laboral que, como advertiu a CIG no seu momento, tiña como obxectivo facilitar o despedimento; promover a substitución de emprego fixo por temporal (nun ano as/os asalariados con contrato indefinido diminuíron un 1,1% mentres que as/os asalariados con contrato temporal medraron un 8,1%) e de xornadas a tempo completo por xornadas a tempo parcial; rebaixar os salarios e reducir á mínima expresión os dereitos laborais e sociais da clase traballadora. “Isto acompañado de reformas, como a da Lei de Seguridade Cidadá, coas que se pretende limitar tamén o noso dereito á mobilización en defensa dunhas condicións de vida dignas”, sinala.

Políticas estruturais

Para a CIG de non mudar esta situación, o goberno de Feijóo leva a Galiza a un “suicidio económico e laboral colectivo”. Por iso reclama alternativas laborais e políticas económicas e sociais que permitan mudar esta situación e crear emprego digno; a posta en marcha dun plan industrial que promova o desenvolvemento dos sectores básicos da economía galega; que se pechen os ciclos produtivos no país e que se poñan en marcha a batería de medidas que vén defendendo e que se recollen na Iniciativa Lexislativa Popular que levou ao Parlamento de Galiza e que foi rexeitada polo Partido Popular.

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eO4v

 

Contactar con La Haine

Envíanos tus convocatorias y actividades!

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License    [ Clave pública PGP ] ::

Principal