SOS Sanidade Pública: Non a esta Lei de Saúde (Compostela, 04.02.2018)

![]()
Milleiros de persoas chegadas de todos os puntos do país encheron as rúas do centro de Compostela nunha masiva mobilización en defensa da nosa sanidade pública. A plataforma SOS Sanidade amosou así o seu rexeitamento á reforma da Lei de Saúde do PP, que afonda no desmantelamento e privatización do sistema sanitario coa supresión de varias áreas sanitarias (A Mariña, O Salnés, Monforte e O Barco de Valdeorras).







