lahaine.org

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eP5i

convertir a:
Convertir a ePub  ePub        Convertir a pdf  pdf

  tamaño texto

  enviar          imprimir


traductor

04/03/2015 :: Nacionales Galiza

STOP Despejos denuncia na Corunha continuidade da repressom em forma de perseguiçom económica

x Diario Liberdade
Continua a perseguiçom económica contra membros de STOP Despejos na Corunha, com quatro pessoas a acumular mais de 40% da quantidade total (14872 euros).

 As identificacións dos sancionados non se fixeron in situ, o cal evidencia a existencia de "listas negras".

A Coruña, 28 de Febreiro de 2015. Na última semana chegáronlle sancións administrativas de 450 €, con opción de abrir a vía penal, a varias persoas que participaron da concentración do 19 de Decembro de Elviña non se vende, á que nos sumamos como colectivo. As multas ás persoas manifestantes tras cada convocatoria estáse convertindo nunha desagradable tradición da Subdelegación de Goberno que, como observamos con tristeza, non é exclusiva da nosa cidade. En todo caso, negámonos a que se acepte como normal a represión da protesta. As forzas policiais que se mobilizan para calquera acto convocado polo noso colectivo chegarían a resultar paródicas de non haber de fondo a triste realidade da represión e a Lei Mordaza.

Dende STOP Desafiuzamentos queremos recordar que este movemento está a ser perseguido por parte das diversas administracións públicas sendo multados constantemente por manifestarse en prol do dereito de todas as persoas a ter un fogar. Ademáis temos constatado que a partires da primeira identificación os membros do colectivo son multados sistematicamente, comprobando que a primeira sanción nunca é a última.

O caso de persecución, xa de por sí grave, é aínda máis sangrante no caso de catro persoas que acumulan 6310 euros en sancións (dun total de 14.872 euros). Queremos suliñar que, levando a cabo as mesmas accións que o resto dos manifestantes, eles centran a atención das autoridades e son multados aínda que só participaran pacíficamente nunha protesta. Cómpre lembrar que a estas sancións se unen as de outras protestas xa que nosos compañeiros son tamén activistas noutras organizacións. De todos os xeitos, a presión sobre o noso grupo é tamén considerable, dado que observamos que houbo un aumento na contía individual das multas, e un cambio nas vías, antes administrativa e agora tamén penal.

Cabe suliñar tamén que as irregularidades por parte das administracións públicas son constantes. Exemplo disto é a identificación "visual" que nunca é realizada in situ (o que evidencia a existencia de "listas negras"), así como a emisión das notificacións marcando por defecto o rexeitamento de sinatura e copia do recibo por parte do multado. As sancións chegan mesmo ó ridículo xa que algunhas delas foron impostas a persoas de idade avanzada que participaron nas últimas protestas de Elviña.

Todos estes feitos indican que Stop Desafiuzamentos, xunto con outros colectivos da cidade, está a sufrir unha persecución permanente, inxusta e arbitraria por parte de aqueles que deberían respectar as leis e coidar de todos e todas as cidadás. Na nosa opinión, a excesiva presenza policial nas manifestacións é un síntoma do temor das institucións á organización social e o apoio mutuo que se veñen demostrando como, por exemplo, nos casos de Aurelia, Elisabeth ou o desaloxo e derrubo do fogar de Isabel e Varo en Elviña. Queremos destacar que mesmo os corpos de seguridade son os que provocan os disturbios coa súa actitude provocadora e intimidatoria. Por todo isto, chegamos á conclusión de que o que se está a buscar é a criminalización da acción política de certas persoas ou colectivos e entendemos que as institucións están mais preocupadas en manter unha orde sumisa que en satisfacer as necesidades básicas ou respectar os dereitos fundamentais dos cidadáns.

Por outra banda, queremos agradecer as doazóns por parte de todas as persoas que fixeron un esforzo e aportaron cartos para poder sufragar as multas que a administración está empeñada en impornos. E recordamos que todos aqueles sancionados en firme polo intento de desafiuzamento de Aurelia Rey poden solicitar o ingreso da contía a través dos medios do colectivo.

NIN XENTE SEN CASA, NIN CASAS SEN XENTE!

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/eP5i

 

Contactar con La Haine

Envíanos tus convocatorias y actividades!

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License    [ Clave pública PGP ] ::

Principal