lahaine.org
Nacionales Galiza :: 01/01/2014

Unha muller denuncia en Ourense unha agresión sexual e recibe orde de expulsión

Sermos Galiza
Esta vecina de Ourense fué detenida durante 50 dias en un centro CIE de Madrid con una orden de expulsión a Rusia

Galego

A presión social exercida por movementos en defensa das persoas inmigrantes conseguiu paralizar a orde de expulsión ditada contra V.R., unha muller nacida en Armenia que mora en Ourense desde hai seis anos e que no mes de marzo denunciou unha agresión sexual que foi arquivada sen investigación ningunha ao tempo que a denunciante ficou imputada por "simulación de delito".

Malia presentar un parte hospitalario onde se daba conta das lesións sufridas durante a agresión, o xulgado de instrución nº2 da cidade das Burgas arquivou a denuncia. Un mes despois, V.R. foi chamada a declarar como imputada polo mesmo xulgado ao considerar que a agresión sexual denunciada era falsa e que a muller a presentara para conseguir o permiso de residencia, pois atópase en situación de irregularidade. Froito desta imputación, esta veciña de Ourense ficou detida durante 50 días --case dous meses-- nun centro CIE de Madrid cunha orde de expulsión a Rusia que non se puido executar porque a muller non tiña pasaporte.

Agora V.R. foi detida pola policía española na súa casa, na cidade ourensá. Conducírona á comisaría e alí informárona dunha nova orde de expulsión que fora autorizada polo xulgado de instrución nº2 de Ourense, o mesmo que arquivou a denuncia por agresión sexual e o mesmo que imputou a muller por "simulación". Após 24 horas detida na comisaría namentres non a transladaban ao aeroporto a Madrid, V.R. ficou en liberdade. A presión de colectivos en prol dos dereitos das persoas inmigrantes, nomeadamente do observatorio polos dereitos e as liberdades Esculca, conseguiu paralizar a orde, malia que V.R. debe comparecer todas as segundas feiras perante a brigada de estranxeiría da policía española en Ourense para asinar.

Castellano

La presión social ejercida por los movimientos en defensa de l@s inmegrantes consiguió paralizar la orden de expulsión dictada contra V.R. una mujer nacida en Armenia que vive en Ourense desde hace seis años y que en el mes de marzo denunció una agresión sexual que fué archivada sin investigación alguna al tuiempo que fué imputada por simulación de delito.

Pese a presentar un parte hospitalario donde se daba cuenta de las lesiones sufridas durante la agresión el juzgado de instrucción numero dos archivó la denuncia. un mes despues, V.R. fué llamada a declarar como imputada por el mismo juzgado al considerar que la agresión sexual denunciada era falsa y que la mujer se presentara para conseguir el permiso deresidencia pues se encontraba en situación irregular. Esta vecina de Ourense fué detenida durante 50 dias en un centro CIE de Madrid con una orden de expulsión a Rusia que no se pudo ejecutar porque la mujer no tenia pasaporte.

V.R. fué detenida por la policía española en su casa en la ciudad ourensana. Conducida a comisaria y allí le informaron de una nueva orden de expulsión que fué autorizada por el juzgado de instrucción numero dos de Ourense, el mismo que archivó la denuncia por agresión sexual y el mismo que imputó a la mujer por simulación. Tras 24 horas detenida en la comisaria y era trasladada al aeropuerto para trasladarla a Madrid V.R. quedó en libertad. La presión de los colectivos en defensa de los derechos de los inmigrantes y de Esculca consiguió paralizar la orden, aunque debe comparecer ante la brigada de extranjería para firmar.

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal