Nacionales Galiza :: 11/05/2013
[Video] A CIG valora como un éxito rotundo a folga contra a LOMCE,

Galego
Nas mobilizacións deste xoves 9 de maio insistiuse en que a LOMCE supón afondar na privatización do ensino, ao que traslada a ideoloxía neoliberal do PP, afoga o sistema educativo galego, aumenta a confesionalidade, liquida a xestión democrática dos centros, expulsa ao alumnado do ensino e pon en tela de xuízo o dereito a educación.
“O Goberno do Estado ten que saber que a imos combater ata o final e que se a aproba, esta lei é unha lei que nacerá morta, porque nos traslada ao franquismo, a unha visión españolista e reaccionaria, que veta o ensino no noso idioma e non é capaz de admitir currículos adaptados á realidade do noso país”; explicou Anxo Louzao.
A CIG-Ensino tamén denunciou, unha vez máis, a actitude do Conselleiro de Educación que actúa como vasalo do PP en lugar de defender o ensino público galego. “O profesorado demostrou hoxe que está a altura das circunstancias e que non está disposto a aceptar unha lei que supón un retroceso de máis de 50 anos”, engadiu Louzao.
No día de hoxe a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público tiña convocadas 24 mobilizacións en todo o país nas que participaron máis de 40.000 persoas, entre elas moito profesorado, alumnado, nais e pais comprometidos cun ensino público, galego e de calidade.
Castellano
En las movilizaciones de este jueves 9 de mayo se ha insistido en que la LOMCE supone profundizar en la privatización de la educación, trasladando la ideología neoliberal del PP, ahoga el sistema educativo galego, aumenta la confesionalidad, liquida la gestión democrática de los centros, expulsa al alumnado de la educación y pone en tela de juicio el derecho a la educación.
"El Gobierno del Estado tiene que saber que la vamos a combatir hasta el final y que si aprueba esta ley será una ley que nacerá muerta, porque nos traslada al franquismo, a una visión españolista y reaccionaria, que veta la educación en nuestro idioma y no es capaz de admitir currículos adaptados a la realidad de nuestro país"; explicó Anxo Louzao.
La CIG-Educación también ha denunciado, una vez más, la actitud del Conselleiro de Educación que actúa como vasallo del PP en lugar de defender la educación pública galega. "El profesorado ha demostrado hoy que está a la altura de las circunstancias y que no está dispuesto a aceptar una ley que supone un retroceso de más de 50 años", ha añadido Louzao.
En el día de hoy la Plataforma Galega en Defensa de la Educación Pública tenía convocadas 24 movilizaciones en todo el país en las que participaron más de 40.000 personas, entre ellas mucho profesorado, alumnado, madres y padres comprometidos con una educación pública, galega y de calidad.







