lahaine.org
Madrid, Nacionales Galiza :: 20/06/2017

[Vídeo] Alfon: 2 años secuestrado por el estado

Galiza Contrainfo
Video realizado por Galiza Contrainfo en la manifestación en Vallekas a los dos años de la detención de Alfon

Alfon: 2 anos secuestrado polo Estado

Madrid, 17.06.2017 - As nosas cámaras acompañaron a manifestación pola liberdade de Alfon, mozo antifascista madrileño detido na folga xeral do 14 de novembro de 2012 e posteriormente encarcerado baixo a acusación de "tenencia de substancias explosivas". A plataforma pola liberdade de Alfon, amigas e familiares veñen denunciando desde hai anos que o proceso xudicial non tivo as debidas garantías e que a condena contra Alfon foi baseada nunha montaxe policial. Que foi, por tanto, un xuízo político nun contexto de criminalización e represión dos movementos político-sociais disidentes. Por iso convocaron esta nova marcha, para esixir a liberdade de Alfon, que leva xa dous anos preso, denunciar a súa situación, así como a todos os presos políticos encarcerados no Estado español.

A mobilización percorreu as rúas do barrio obreiro de Vallecas, no trancurso da mesma berráronse lemas como "Alfon libertad", "Nativa o extranjera, la misma clase obrera" ou "Anticapitalistas!". Falamos con Elena e Paz, nai e irmá de Alfon, que nos contaron como están a vivir este tempo afastadas do seu fillo e irmán.

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal