[Vídeo] Desalojan la Casa das Atochas de A Coruña

Comunicado 12/4/2011
Está mañá ás sete horas varias unidades de U.I.P. antidisturbios e G.O.E.S. procederon ao desaloxo da Casa das Atochas. No tellado da mesma permaneceron dúas persoas resistindo ata aproximadamente ás oito e media, momento no que as unidades policiais chegaron ata onde estaban e as sacaron do edificio. Foron identificadas mais non detidas. Agora mesmo están a tirar os tellados da Casa, quitando os cristais das xanelas, etc., sen que exista unha orde de derrubo aprobada polo Concello nin protección algunha para os obreiros que están a facer o sucio traballo (retirada da uralita). Esta tarde ás 20.00 horas convocamos unha CONCENTRACIÓN NO OBELISCO. Ademais o SÁBADO 16 de abril a partir das 18.00 horas sairemos en MANIFESTACIÓN dende o Campo da leña. Un desaloxo, outra okupación! Dez, cen, mil centros sociais!
Despois do descrédito ao cal fomos sometidxs nestas derradeiras semanas cremos que este é o mellor xeito de comunicarnos sen intermediarixs e de maneira directa coa cidade. Para que se coñeza de primeira man o porque do noso existir. Velaí van pois unha serie de puntos, a modo informativo, do que para nós é importante e o que queremos transmitir:
1.Por qué okupamos? Por falta de espazo onde desenvolver as nosas inquedanzas sociais, culturais e políticas, as que precisamos como seres humáns, o que evidencia o nulo interese dos organismos gubernamentais no desenrolo individual e colectivo de todxs nós.
2.Dereito a unha vivenda digna. Nin somos legalistas nin constitucionalistas mais a posibilidade de acceso a unha vivenda digna é un dereito abertamente proclamado polo pobo. Nesta cidade existen en torno a 20.000 casas baleiras en estado de abandono e a espera de ser pasto da especulación económica en beneficio dxs poderosxs. Parécenos incrible que se protexa e exalte o dereito de acumular 18 edificios frente á okupación e recuperación dunha soa casa abandonada.
3.Por qué okupamos unha propiedade de Pérez Paz, S.L.? Antes de nada queremos desmentir a información vertida por estes individuos na prensa simulando ser unha pequena empresa familiar. A citada empresa ten e tivo varios procedementos xudiciais abertos por delitos urbanísticos na cidade, especialmente activa nos barrios das Atochas e Monte Alto. Aí son coñecidas as súas estratexas de mobbing inmobiliario para conseguir botar a rúa as persoas con menos recursos e máis desprotexidas (anciáns, enfermxs, etc.) e así poder especular tranquilamente coas súas vivendas, ademais dos derrubos ilegais, desplome de grúas, etc. De ahí ven o pseudónimo el Rata co que a xente dos barrios das Atochas e Monte Alto o bautizou, moito antes por certo de que xs okupas chegásemos.
4.Política urbanística/deshumanización dos barrios. Parece mentira que aínda podamos acreditar nas mentiras do Concello, e demais sectores interesados, sobre a estratexia do urbanismo social e como propicia o desenvolvemento da vida das persoas na cidade. Onde a realidade é que non existe máis política que o enriquecemento persoal de varias familias (véxase a operación Marineda City) que dende hai tempo se reparten as porcións do pastel. Enténdase, por exemplo, Construcciones Ángel Jove, presuntamente vinculada co narcotráfico na Galiza dos anos 80.
5.Alternativa social/alternativa política. Nós cremos profundamente na creación de alternativas socio-políticas dende abaixo, onde xs verdadeirxs protagonistas das nosas decisión sexamos nós mesmxs, mediante a autoxestión dunha asamblea horizontal, sendo así donxs das nosas vidas e futuro.
6.Contracultura/ocio. Durante os tres últimos anos un sinfín de actividades culturais se teñen celebrado no centro social de xeito gratuíto. Sacando as cores aos políticos de turno que ao longo da historia da cidade non mostraron o máis mínimo interese en potenciar o libre crecemento cultural de nenxs, xoves e anciáns, e que pola contra fixeron e fan fincapé en crear un modelo de cidadán e cidadana pasivx, aburridx, frustradx e predecible.
7.Crise económica/burbulla inmobiliaria. Non o decimos só nós. A actual crise financieira débese a especulación salvaxe a mans de empresas construtoras e inmobiliarias, que propiciaron a burbulla macroeconómica que non tardaría en estoupar, como finalmente foi. Onde a Banca, consciente desta situación, non só non fixo nada, senón que consentiu con total alevosía para enriquecerse a costa nosa. E agora cando isto non da máis de si, somos nós que temos que rescatar aos culpables da crise con recortes sociais, despedimentos en masa e un longo etcétera auspiciado por Europa.
8.Medios de comunicación/Manifestación do 11D. Máis unha vez se pon en evidencia a conducta do chamado 4º poder que, en nome do Estado, pode condicionar ao seu favor o pensamento crítico, baixo a apariencia de veracidade e da libre información. Parécenos increíble que dous meses despois da manifestación convocada pola Casa das Atochas sigan repetindo, cal mantra tibetano, o que non fixemos, transcurrindo a marcha con total normalidade, incluíndo nesta as pintadas e o deterioro dunha sede bancaria, exponente máximo e símbolo da pésima situación económica que nos rodea.
9.Estado de benestar/despilfarro. Temos que facer autocrítica. Sen isto será imposible restablecer e encauzar esta sociedade e o modelo económico. Durante os últimos vinte anos, vivimos por enriba das nosas posibilidades, alentadxs polos ideais neoliberais da globalización e o libre mercado. Non se podía soster nin un minuto máis tanto despilfarro: dous o máis coches por familia, o apartamento no centro da cidade, a casa na praia ou o colexio de pago dxs cativxs. Esquecimos que x máis ricx é x que menos precisa e creímos no modelo importado do soño americano, creándonos a necesidade de vivir por enriba das nosas posibilidades e por enriba dxs nosxs semellantes.
10.Unión, acción, autoxestión! Cremos nun mundo onde a xestión dos recursos sexa equitativa, sendo todxs nós parte de todo, en simbiose co noso entorno e en relación con outros modelos de autoxestión, entendendo que na diferenza reside o perfeito modelo de convivencia.
Agardamos, sinceiramente, aclarar deste xeito algunha das dúbidas que puidesen xurdir sobre o noso xeito de vivir, animando a quen o desexe a coñecernos e participar, porque aínda que pareza que todo rematou, isto non é máis co principio.
Atte. CSO Casa das Atochas Se a vivenda é un luxo, okupar é un dereito.
[Castellano]
Comunicado 12/4/2011
Esta mañana a las siete, unidades diferentes de la UIP antidisturbios y G.O.E.S. procedieron al desalojar la Casa das Atochas. En el tejado de la misma dos personas resistieron hasta las ocho y media, cuando las unidades de policía llegaron a donde estaban y tomaron el edificio. Fueron identificados pero no detenidos. En este momento está tirando los techos de la casa, la eliminando de las ventanas, etc. sin que exista una orden aprobada por el Ayuntamiento, ni protección alguna para los trabajadores que están haciendo el trabajo sucio (retirada de uralita). Esta tarde a las 20.00 horas convocamos a una concentración en el Obelisco. Además, el sábado, 16 de abril desde las 18:00 horas saldremos en manifestación desde el Campo da Leña. Un desalojo, otra Okupación! Diez, cien, mil centros sociales!
Después de la incredulidad con la que hemos sido sometidxs en las últimas semanas creemos que esta es la mejor manera de comunicarse sin intermediarixs y de manera directa con la ciudad. Que puedan conocer de primera mano el porque de nuestra existencia. Aquí hay una serie de puntos, de modo informativo, para obtener información, lo cual es importante para nosotros y lo queremos transmitir:
1. ¿Por qué okupamos? Por falta de espacio en el que desarrollar nuestras preocupaciones sociales, culturales y políticas, que necesitamos como seres humanos, lo que demuestra el nulo interés de los organismos gubernamentales en el desarrollo de todxs individuales y colectivas de todos nosotros.
2.Derecho a una vivienda digna. Ni somos legalistas ni constitucionalistas, sino la posibilidad de acceder a una vivienda digna es un derecho proclamado abiertamente por el pueblo. En esta ciudad hay cerca de 20.000 viviendas vacías en un estado de abandono y la espera de ser pasto en favor de la especulación económica en beneficio de lxs poderosxs. Nos parece increíble que se proteja y mejore el derecho a ganar 18 edificios frente a la okupación y la recuperación de una casa abandonada.
3. ¿Por qué okupamos una propiedad de Pérez Paz, S.L.? En primer lugar nos gustaría desmentir la información vertida por estos individuos en los medios de comunicación que pretende ser una pequeña empresa familiar. Esta empresa ha tenido varios pleitos abiertos y delitos urbanos en la ciudad, especialmente activo en las cercanías de Atocha y Monte Alto. Son conocidas sus estratejias de mobbing inmobiliario para conseguir echar a la calle a la gente con menos recursos y más desprotegidas (enfermxs ancianos, etc.) y así poder especular con sus viviendas, etc. De ahí el apodo el Rata con el que la gente de los barrios de Atocha y el llamado Monte Alto le bautizó, mucho antes, por cierto, de que los okupas llegásemos.
4.Política urbanística/deshumanización de los barrios. Parece increíble que todavía nos creamos las mentiras del Ayuntamiento y otros sectores interesados sobre la estrategia de la urbanización social o como permite el desarrollo de la vida de las personas en la ciudad. Cuando la verdad es que no hay más política que el enriquecimiento personal de varias familias (ver el funcionamiento Marineda Ciudad), que desde hace tiempo se reparten las porciones del pastel. Se entiende, por ejemplo, la construcción de Ángel Jove, presuntamente vinculados con el tráfico de drogas en Galicia durante 80 años.
5.Alternativa social/alternativa política. Creemos firmemente en la creación de alternativas socio-políticas desde abajo, donde verdaderamente los protagonistas de nuestra decisión seamos nosotrxs mismxs. Mientras la autogestión de una asamblea horizontal, de modo que sean nuestras nuestras vidas y futuro.
6.Contracultura/ocio. Durante los últimos tres años, un sinfín de actividades culturales se han celebrado en el centro social de forma gratuita. Sacándo los colores a los políticos de turno que a lo largo de la historia de la ciudad no han mostrado el menor interés en promover el crecimiento cultural libre de niñxs, jóvenes y ancianxs, y que, por el contrario, hicieron y hacen incapié en crear un modelo de ciudad y ciudadanxs pasivxs, aburridxs y frustradxs predecibles.
7.Crisis económica/burbuja inmobiliaria. No sólo lo decimos nosotrxs. La crisis financiera actual se debe a la especulación salvaje en las manos de las propiedades inmobiliarias y empresas constructoras, lo que permitió la burbuja macroeconómicas que no tardaría en explotar, como ocurrió. Donde la Banca, consciente de esta situación, no sólo no hizo nada, sino que dió su consentimiento con total alevosía para enriquecerse a nuestra costa. Y ahora cuando esto no da más de si, somos nosotros los que tienen que rescatar a los culpables de la crisis con recortes sociales, despidos en masa y un largo etcétera patrocinado por Europa.
8.Medios comunicación/Demostración de la 11D. Una vez más se pone de manifiesto la conducta del llamado cuatro poder que, en nombre del Estado, puede condicionar a su favor el pensamiento, bajo la apariencia de la verdad y la libertad de información. Parece increíble que dos meses después de la manifestación organizada por la Casa de Atocha sigan repitiendo, transcurriendo la marcha con total normalidad, incluso las pintadas y el deterioro de un banco, exponente máximo y símbolo de la mala situación económica que nos rodea.
9.Estado de bienestar/despilfarro Tenemos que hacer autocrítica. Sin ella será imposible recuperar y encauzar esta sociedad y modelo económico. En los últimos veinte años, vivimospor encima de nuestras posibilidades, alentadxs por los ideales de la globalización neoliberal y el libre mercado. No se podía sostener un minuto más tanto despilfarro: dos o más coches por familia, un apartamento en el centro de la ciudad, la casa de playa o el colegio de pago de lxs pequeñxs. Nos creimos que el más rico es el que menos precisa y creímos ien un modelo importado del sueño americano, creándonos la necesidad de vivir más allá de nuestros medios y por encima de nuestrxs semejantes.
10.Unión, acción, autogestión Creemos en un mundo donde la gestión de los recursos sea equitativa, siendo todxs parte de todo, en simbiosis con nuestro entorno y en relación a otros modelos de autogestión, entendiendo que la diferencia reside en el modelo perfecto de convivencia.
Esperamos sinceramente aclarar alguna de las dudas que pudieran surgir acerca de nuestra forma de vida, animando a los que quieren aprender y participar, porque aunque parezca que todo ha terminado, esto no es más que el principio.
Atte. COS Casa das Atochas Si la vivienda es un lujo, okupar es un derecho.
Más información: http://www.casadasatochas.info/







