lahaine.org
Nacionales Galiza :: 18/10/2017

[Video] Lumes Nunca Máis

Galiza Contrainfo
Concentracións en moitos puntos do país logo dunha xornada negra de lumes forestais.

 Berros de indignación contra a falta de medios e a incompetencia do goberno de Feijóo resoaron nas vilas e cidades galegas. Novas políticas de ordenación do monte, máis prevención, a non privatización dos servizos de emerxencia ou a fin da eucaliptización foron algunhas das reclamacións que se puideron escoitar nos manifestos lidos ao remate das mobilizacións. Tamén se gardaron emotivos minutos de silencio en recordo das catro persoas falecidas. No vídeo imaxes de Ourense, Vigo e A Coruña.

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal