Nacionales Galiza :: 27/05/2018
[Video] Manifestación contra el desalojo del CSO A Insumisa
Unas 300 personas se concentraron en el Obelisco de Coruña para secundar la movilización solidaria con el CSO A Insumisa.


(A Coruña, 26.05.2018). Ao redor de 300 persoas achegáronse ao Obelisco da Coruña para secundar a mobilización solidaria co CSO A Insumisa. Pasadas as oito da tarde saíron en manifestación baixo o lema “En defensa dos espazos liberados. A Insumisa resiste”, escoltadas por unha forte dotación de antidisturbios. Durante o percorrido da marcha escoitáronse berros en favor da okupación e os centros sociais, contra o goberno municipal da marea Atlántica e a represión. No manifesto as activistas afirmaron que seguirán ” abrindo espazos de liberdade e autoxestión”.







