[Video] Por Un Vigo + Social lanza a campaña "Alumeando a miseria"
![](http://cadenaser00.epimg.net/emisora/imagenes/2017/08/07/radio_vigo/1502107473_369552_1502107930_noticia_normal.jpg)
![](https://www.lahaine.org/skins/asevo/img/espaciador625.gif)
Os diversos colectivos que participan nela queren denunciar as políticas do concello dirixido por Abel Caballero, que este ano vai gastar 1 millón de euros no alumeado de nadal (a esta cifra haberá que sumarlle o consumo eléctrico xerado por este capricho ornamental), consumando un modelo de cidade pensado para as persoas que poden permitirse participar no consumismo do nadal, mentres as empobrecidas continuamos a ficar excluídas, sinalan no manifesto.
E denuncian que mentres se dilapidan nas luces os cartos de todas, non hai vontade para solucionar os problemas reais da xente, a suba de alugueiros, o acceso a unha vivenda digna, a pobreza enerxética (que afecta a uns 18.000 fogares na cidade), a precariedade dos servizos sociais, as persoas sen teito, etc. Problemas que o alcalde pretende ocultar distraendo á cidadanía co espectáculo das luces, apuntan desde a asemblea.