lahaine.org
Nacionales Galiza :: 20/08/2012

Contra os recortes de dereitos, cara á folga xeral

CNT Galiza
Contra los recortes de derechos, a la Huelga General

Desde a CNT de Compostela convocamos á clase obreira de Compostela a un acto de protesta contra os novos recortes de dereitos que o governo do PP segue a perpetrar. No camiño cara a unha nova folga xeral que active a resposta da clase obreira contra a dictadura do capital, convocamos unha concentración na Praza das Ánimas este mércores 22 de Agosto, ás 21:30. Para animar o acto e evidenciar a existencia de discursos contra o capital e de afirmación da loita obreira, completarase coa proxeción do filme Coup pour coup (Golpe por golpe), de Marin Karmitz, que trata unha folga de empregadas do textil coa ocupación da propia fábrica. Ademais, os compañeiros e compañeiras da asemblea da Praza Roxa prepararán unha cea popular para todos e todas as presentes.

Para CNT, a chamada crise económica non é senón a forma cotiá de funcionamento do capitalismo, xestionado por elites decidido a suprimir as conquistas obreiras e populares, nun desesperado intento por manter á boia un barco que fai augas a ollos vista.

Fronte a isto, CNT aposta pola mobilización xeral e sostida, con respostas contundentes, acordes coa gravidade dos ataques que estamos a sufrir os traballadores e traballadoras.

Apuntamos a un cambio radical de modelo económico, político e social, máis aló da mera aspiración melancólica a recuperar o status quo que imperou desde a chamada transición democrática, ou a unha esteril alternancia partidista dentro dun modelo político, económico e sindical que forma parte do problema e que se atopa na orixe da dramática situación que padece hoxe a clase traballadora.

Por iso, a CNT rexeita as conclusións e propostas da chamada Cimeira Social, impulsada desde o sindicalismo de CCOO e UXT.

Un sindicalismo que, tras mirar cara a outro lado cando se precarizaba o mundo do traballo, despois de aceptar, cando non pactar, as sucesivas reformas contra os dereitos laborais básicos e contra o sistema público de pensións, mentres apoia o armazón institucional europeo, unha Constitución e uns Tratados Europeos, que coloca á clase traballadora europea aos pés da patronal e das institucións financeiras, limítase agora a propor unha ambigua volta a unha situación anterior á "crise", algo que deixa clara que a súa pretensión principal é que o estado lles siga recoñecendo o seu papel de mediadores e apaciguadores do conflito social.

A Cimeira Social non pretende senón aglutinar en torno ao sindicalismo institucional o movemento social de resposta a estes ataques, tratando de silenciar o protagonismo que no último ano tiveron nas mobilizaciones o seu cuestionamiento como apuntaladores do pacto social e a procura de alternativas. Para iso dirixen a mobilización a canellóns sen saída ou a esteriles propostas, como o son o xa rexeitado referendo ou a organización dunha consulta social, propostas que non fan senón desviar a atención sobre a falta de continuidade da folga xeral do 29M e a súa negativa a pór en marcha un verdadeiro proceso folguístico en consonancia coa gravidade dos ataques.

A gravidade da situación, e o retroceso social que se pretende , esixe a unidade dos traballadores e traballadoras, e de todas as organizacións de clase, pero ao redor dun proceso real de loita, desde a ruptura co pacto social, e analizando as causas que nos levaron a esta situación. Por iso a CNT estará na rúa, de onde non saíu nos últimos anos, con mobilizacións propias e tamén, de xeito conxunto con quen queira realmente loitar neste sentido.

Na situación que estamos a vivir todos os traballadores e traballadoras dispostos á loita por un cambio social, debemos reflexionar sobre a necesidade de dotarse dunha organización sindical disposta a iso, e sobre a urxencia de romper cun modelo sindical e político que non fixo senón facilitar o enfraquecemento, derrota tras derrota, do movemento obreiro.

A convocatoria dunha folga xeral de 24 horas en Euskadi e Navarra para o próximo 26 de Setembro colócanos a todos ante a disxuntiva de asumir a nosa responsabilidade, os motivos que xustifican esta folga esténdense máis alá destes territorios ao conxunto da clase traballadora e por iso interpela directamente á vontade real de loita de quen, neste momento, teñen a capacidade de estender esta convocatoria a todo o estado, que deben dar a cara e non esconderse detrás de absurdos referendos, ou da enésima manifestación.

Nesa sentido a CNT fai un chamamento a outras organizacións sindicais combativas, aos movementos sociais e aos traballadores e traballadoras en xeral para traballar por desbordar e estender as folgas sectoriais e de empresa previstas para o mes de setembro, para tratar de facer da extensión da folga do 26S a todo o estado un proceso irreversible, e tras esta apostar por ir máis alá dos paros de 24 horas, cara a un proceso folguístico con capacidade real de cuestionar o modelo político e económico.

Nese sentido, e de non estenderse finalmente a convocatoria, a CNT, convocante da folga en Euskadi, xunto a ELA, LAB, ESK, STEE-EILAS, EHNE, Hiru, CGT e máis dun centenar de organizacións sociais, convocará o 26S en todo o estado unha Xornada de Loita en apoio a esta folga xeral, xornada que propuxo organizar de forma conxunta a outras organizacións sindicais combativas.

Fronte ao paro , os recortes e o pacto social. Nin consultas , nin referendums, é a hora de loitar. Cara á Folga Xeral.

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal